Xove acollerá en outubro dúas xornadas de ITV para vehículos agrícolas

O Concello de Xove anunciou a chegada ao municipio da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) destinada a vehículos agrícolas, que se desenvolverá os vindeiros días 20 e 21 de outubro de 2026.
A unidade instalarase no aparcadoiro do Centro de Saúde, diante do Cuartel da Garda Civil, co obxectivo de facilitar aos propietarios deste tipo de vehículos a realización das revisións obrigatorias sen necesidade de desprazarse a outros puntos.
As inspeccións comezarán o martes 20 de outubro, cun horario de mañá, entre as 9.00 e as 13.30 horas, e de tarde, desde as 15.15 ata as 18.00 horas.
A actividade continuará o mércores 21, neste caso unicamente en horario de mañá, entre as 9.00 e as 13.30 horas.
Para poder realizar a revisión será necesario solicitar cita previa. As persoas interesadas poderán facelo a través do teléfono 981 92 80 80 ou mediante a páxina web de SYC Applus+, no apartado habilitado para a reserva de citas.
Desde o Concello de Xove animan aos propietarios de vehículos agrícolas a aproveitar a presenza da unidade de inspección no municipio para realizar a ITV dentro dos prazos correspondentes e manter ao día as revisións obrigatorias.