Novas de Ribadeo
Ribadeo prepara dous meses de música, teatro e unha exposición sobre Calvo-Sotelo
A programación cultural de novembro e decembro inclúe actuacións da Coral Polifónica e da Banda Municipal, espectáculos teatrais e actividades polo 25N
Ribadeo adquire un camión para o servio de xardinería
"Temos que ir renovando pouco a pouco o noso parque móbil e incorporando novos vehículos", di o concelleiro de Medio Ambiente
Ribadeo converterá a Casa Maseda nunha oficina de turismo tras un investimento de case 900.000 euros
A rehabilitación do inmoble, construído en 1880, permitirá crear un espazo para atender visitantes e peregrinos e acoller exposicións e actividades culturais
AnimAVoices busca novas voces infantís en Galicia cunhas audicións en Ribadeo
O proxecto artístico, que combina música, interpretación e produción audiovisual, convoca nenos e nenas de entre 8 e 14 anos o vindeiro 7 de novembro coa colaboración do Concello
A Gladiator Kids converterá Ribadeo nun circuíto de aventuras para nenos o 25 de outubro
A carreira solidaria reunirá ata 250 participantes de entre 3 e 12 anos diante do Concello, con percorridos adaptados por idades e unha inscrición de seis euros destinada a Cruz Vermella Ribadeo
Isma impón o seu dominio no XIX Aberto de Billarda Vila de Ribadeo
O xogador dos Carabullo gañou a segunda xornada da LNB NorLeste con 24 puntos, mentres que Billardeiros Musicais se impuxo na clasificación por equipos
Abre a inscrición para o Mercado de Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 4 ao 8 de decembro
As solicitudes para participar poderán presentarse ata o 4 de novembro e o 75 % dos postos reservarase para obradoiros artesanais acreditados
Ribadeo abre o prazo para que os negocios se adhiran á oitava campaña da Pancha
Os establecementos poderán inscribirse do 20 ao 29 de outubro e a cidadanía poderá adquirir a moeda local desde o 1 de novembro, cunha subvención municipal do 25 % do importe
Voluntarios retiran 4.800 plumeiros da herba da Pampa para frear a súa expansión na Mariña
A xornada ambiental permitiu evitar a dispersión potencial de 384 millóns de sementes no polígono industrial e na N-634, mentres Galicia Ambiental reclama unha intervención coordinada en toda a comarca
José Ribagorda percorre o comercio de Ribadeo e A Pontenova para promocionar A Mariña
A campaña "De compras pola Mariña" difundirá vídeos nas redes sociais e na plataforma "De las cosas del comer" para dar visibilidade aos negocios e ao patrimonio da comarca
Ribadeo sanciona aos propietarios de animais que deixan os excrementos na vía pública
O concello fai unha chamada ao respecto e ao civismo das persoas: “apelamos ao civismo e ao respecto"
Ribadeo instalará dous desfibriladores públicos na rúa San Francisco e na avenida Rosalía de Castro
Os dispositivos inauguraranse o 22 de outubro ás 13:00 horas e o Concello prevé organizar formación en reanimación cardiopulmonar e no seu uso
A Oficina de Turismo de Ribadeo recibe a exposición "Conecta co mar. O mar é vida"
A mostra inaugurarase o 19 de outubro ás 12:00 horas e busca destacar a importancia do medio mariño e a súa relación coa contorna
Ribadeo pon o foco no futuro dos montes cun encontro forestal do Noroeste
A cita desenvolverase no CFEA Pedro Murias de 10:00 a 14:00 horas con tres mesas centradas na madeira, o cambio climático e o futuro do sector
Comedia, memoria e vinganza no teatro amador de A Mariña
Os grupos A Mariña, A Caxiga, Colectivo Cultural Ollomao e O Torques actuarán entre o sábado 17 e o domingo 18 de outubro
Ribadeo retoma o programa Preto de Ti con actividades en 14 parroquias
A iniciativa municipal ofrece propostas de lecer, formación e benestar para favorecer a convivencia veciñal e combater a soidade non desexada
Ribadeo acolle o XIII Aberto de Billarda "Vila de Ribadeo"
A cita celebrarase o domingo no Campamento Xuvenil A Devesa e corresponderá á segunda xornada da Liga Nacional de Billarda
Eventos
A Gladiator Kids chega a Ribadeo o 25 de outubro cunha carreira solidaria de obstáculos
A proba, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, comezará ás 12.00 horas diante do Concello e contará con 250 prazas como máximo. Os seis euros da inscrición destinaranse integramente a Cruz Vermella Ribadeo
Ribadeo regulará o estacionamento de caravanas e autocaravanas con multas de ata 3.000 euros
A normativa diferenciará entre pernoita e acampada, fixará tempos máximos de permanencia e establecerá sancións de entre 200 e 3.000 euros
O BNG cifra en 25.000 euros o custo do novo emprazamento das bandeiras de Ribadeo
O destino das bandeiras da Casa do Concello segue sen pechar a polémica
A voz dos alcaldes: Dani Vega, alcalde de Ribadeo
O rexedor defende un Goberno activo, próximo e centrado nas necesidades da veciñanza
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo inicia o curso con 360 alumnos
O centro mantén unha matrícula similar á do ano pasado e conta con 13 docentes para impartir as diferentes disciplinas musicais e de danza
O BNG acusa o Goberno de Ribadeo de vender como "boa xestión" o bloqueo de máis de 780.000 euros
O informe de Intervención cifra en 841.070 euros o incumprimento da regra de gasto e en 781.345 euros a necesidade de financiamento ao peche de 2025
Ribadeo mobilízase contra a expansión da herba da Pampa cunha xornada de voluntariado
A actividade, promovida polo Concello e Galicia Ambiental, celebrarase o 18 de outubro no polígono industrial e busca actuar sobre exemplares illados antes de que se convertan en novos focos de dispersión










