A Gladiator Kids chega a Ribadeo o 25 de outubro cunha carreira solidaria de obstáculos

AMariñaXa
A proba, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, comezará ás 12.00 horas diante do Concello e contará con 250 prazas como máximo. Os seis euros da inscrición destinaranse integramente a Cruz Vermella Ribadeo
Gladiator Kids ribadeo 2026 Xa
11 Oct 2026

Ribadeo acollerá o domingo 25 de outubro unha nova edición da Gladiator Kids, unha carreira de obstáculos pensada para que os máis pequenos poidan gozar do deporte e dunha experiencia lúdica en familia. A actividade desenvolverase diante da casa do Concello a partir das 12.00 horas e estará aberta a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

A iniciativa, organizada pola empresa NOKAO (NOKO 360 SPORTS CONSULTING S.L.), terá carácter non competitivo e solidario. A recadación das inscricións, cun custo de seis euros por participante, entregarase integramente a Cruz Vermella Ribadeo. A inscrición inclúe tamén o seguro e unha medalla finisher, que recibirán todos os participantes ao rematar o percorrido.

A carreira contará con dous trazados adaptados ás idades dos participantes. Os nenos e nenas de entre 3 e 5 anos realizarán un percorrido aproximado de 500 metros, mentres que o grupo de 6 a 12 anos afrontará unha distancia duns 900 metros. Ademais, os menores poderán participar acompañados dunha persoa adulta.

A organización establecerá un sistema de saídas por quendas para facilitar o desenvolvemento da proba. A primeira comezará ás 12.00 horas e, a partir de aí, sairán novos grupos cada cinco minutos, cun máximo de 15 nenos e nenas en cada tanda. Dous días antes da celebración, cada inscrito recibirá un correo electrónico coa quenda e o horario que lle correspondan.

Ao tratarse dunha actividade recreativa e benéfica, non haberá cronometraxe nin clasificacións. O obxectivo é que os participantes se divirtan, fagan exercicio e compartan unha experiencia deportiva nun ambiente seguro.

A Gladiator Kids Ribadeo terá un límite de 250 participantes, polo que as prazas serán limitadas. As inscricións deben formalizarse exclusivamente a través da páxina web oficial, gladiatorraceoficial.com.

 

PROGRAMACIÓN COMPLETA

 

 

0.16413903236389