Ribadeo reunirá o sector forestal no I Encontro Forestal do Noroeste

GaliciaXa | AMariñaXa
A xornada celebrarase o 16 de outubro no CFEA Pedro Murias e reunirá profesionais, empresas, propietarios, administracións, entidades de investigación e representantes da sociedade civil
ribadeo-encontro-forestal-noroeste-2026
6 Oct 2026

Ribadeo acollerá o próximo 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste, unha xornada concibida como un espazo para compartir coñecementos, debater sobre as principais prioridades do sector e abordar novas solucións para o futuro dos montes. A cita terá lugar no CFEA Pedro Murias, entre as 10:00 e as 14:00 horas.

O encontro reunirá profesionais, empresas, propietarios forestais, administracións, entidades de investigación e representantes da sociedade civil, coa intención de favorecer o intercambio de experiencias e a reflexión conxunta arredor do sector forestal.

O programa comezará ás 10:00 horas coa benvida institucional, a cargo do alcalde de Ribadeo, Daniel Vega Pérez. Ás 10:15 horas terá lugar a primeira mesa, centrada na relación entre madeira, riqueza, emprego e xestión do territorio.

A segunda mesa comezará ás 11:15 horas e estará dedicada á situación dos montes ante o cambio climático. Posteriormente, ás 12:15 horas, haberá unha pausa para o café, concibida tamén como un espazo para conversar e intercambiar impresións entre as persoas asistentes.

A actividade continuará ás 12:45 horas coa terceira mesa, baixo o título "Construír o futuro: unha estratexia para o sector forestal". A xornada rematará ás 13:45 horas cunha clausura institucional na que participarán os conselleiros de Medio Rural de Asturias e Galicia.

Finalmente, ás 14:00 horas, celebrarase un aperitivo de networking, pensado como un último espazo para continuar o diálogo entre os relatores e as persoas participantes.

As persoas interesadas en asistir poden realizar a inscrición a través do seguinte formulario.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

 

 

0.15196394920349