Ribadeo pon o foco no futuro dos montes cun encontro forestal do Noroeste

GaliciaXa | AMariñaXa
A cita desenvolverase no CFEA Pedro Murias de 10:00 a 14:00 horas con tres mesas centradas na madeira, o cambio climático e o futuro do sector
ribadeo-encontro-forestal-noroeste-2026
15 Oct 2026

Ribadeo será o punto de encontro de diferentes axentes vinculados ao ámbito forestal o próximo 16 de outubro, coa celebración do I Encontro Forestal do Noroeste. A iniciativa nace como un espazo para compartir coñecementos, analizar prioridades e buscar novas vías de actuación para afrontar o futuro dos montes.

A xornada terá lugar no CFEA Pedro Murias, entre as 10:00 e as 14:00 horas, e contará coa participación de profesionais, empresas, propietarios, administracións, entidades de investigación e representantes da sociedade civil.

O programa arrancará ás 10:00 horas coa benvida institucional do alcalde de Ribadeo, Daniel Vega Pérez. Quince minutos despois dará comezo a primeira mesa, dedicada á "Madeira: riqueza, emprego e xestión do territorio".

Ás 11:15 horas será a quenda da segunda mesa, que abordará a situación dos montes ante o cambio climático. Despois desta sesión haberá, ás 12:15 horas, un descanso para o café que servirá tamén como espazo de conversa entre os asistentes.

A programación retomará a actividade ás 12:45 horas coa terceira mesa, titulada "Construír o futuro: unha estratexia para o sector forestal". O encontro concluirá ás 13:45 horas coa clausura institucional, na que participarán os conselleiros de Medio Rural de Asturias e Galicia.

Como peche da xornada, ás 14:00 horas, celebrarase un aperitivo de networking para facilitar o contacto e a conversa entre os relatores e as persoas participantes.

 

PROGRAMACIÓN COMPLETA

 

 

0.14649891853333