Promoven un voluntariado para retirar plumeiros e frear a expansión da herba da pampa en Ribadeo

AMariñaXa
A xornada ambiental celebrarase o domingo 18 de outubro ás 09:00 horas, con saída desde a gasolineira do polígono industrial
plumeiros-recurso
16 Oct 2026

Ribadeo acollerá este domingo 18 de outubro unha nova acción de voluntariado ambiental para combater a expansión da herba da pampa (Cortaderia selloana), unha especie invasora que se busca controlar mediante a retirada dos seus plumeiros antes de que dispersen as sementes.

A actividade, denominada "Ribadeo sen plumeiros", comezará ás 09:00 horas e percorrerá diferentes puntos do municipio para retirar estas inflorescencias e reducir así o risco de propagación da planta. O lugar de encontro será a gasolineira situada no polígono industrial de Ribadeo.

O obxectivo desta intervención é evitar a dispersión das sementes antes de abordar a extracción das plantas a partir de xaneiro de 2027. A iniciativa fai un chamamento á participación cidadá para contribuír á protección do medio natural e frear o avance desta especie.

A organización anima a veciñanza a sumarse á convocatoria e participar nesta acción colectiva para reducir a presenza da herba da pampa no territorio.

0.14666700363159