Novas de Ribadeo
Ribadeo acollerá unha charla de Manuel Monge sobre a transición política e o legado da ditadura franquista
A Asociación Cultural Francisco Lanza organiza o encontro o martes 3 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa do Viejo Pancho, coa colaboración do Concello de Ribadeo
O BNG de Ribadeo denuncia que os colectores soterrados da rúa Clemente Martínez Pasarón levan máis dun mes sen baleirar
A formación nacionalista pide ao Goberno local que resolva a situación para evitar problemas de limpeza e salubridade na contorna
A Mariña avanza na implantación do novo modelo SICTED con 57 empresas e servizos turísticos adheridos
A Mancomunidade reuniu en Mondoñedo o sector para avaliar o traballo realizado e presentar tres xornadas formativas gratuítas sobre intelixencia artificial, sostibilidade e deseño de experiencias turísticas
Os concellos da Mariña súmanse á homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario de Toledo
As entidades locais convocaron onte un minuto de silencio ás 20.00 horas en resposta ao chamamento da Federación Española de Municipios y Provincias para expresar o seu pesar polo sinistro e mostrar a súa solidariedade coas persoas afectadas
Ribadeo prepara dous meses de música, teatro e unha exposición sobre Calvo-Sotelo
A programación cultural de novembro e decembro inclúe actuacións da Coral Polifónica e da Banda Municipal, espectáculos teatrais e actividades polo 25N
AnimAVoices busca novas voces infantís en Galicia cunhas audicións en Ribadeo
O proxecto artístico, que combina música, interpretación e produción audiovisual, convoca nenos e nenas de entre 8 e 14 anos o vindeiro 7 de novembro coa colaboración do Concello
Ribadeo instala dous desfibriladores nas rúas e reforza a súa rede de espazos cardioprotexidos
O municipio coloca os dispositivos nas rúas San Francisco e Rosalía de Castro e xa conta con dez desfibriladores en espazos públicos, ademais de ofrecer formación aberta á cidadanía
Ribadeo organiza unha excursión ás termas de Cuntis o 25 de outubro con dúas opcións de prezo
A actividade do programa "Muller e Benestar: tempo para ti" contará con 50 prazas no transporte, saída ás 08:30 horas e regreso previsto ás 20:00 horas
A Gladiator Kids regresa a Ribadeo cunha carreira infantil solidaria a favor da Cruz Vermella
A proba celebrarase este domingo 25 de outubro na Praza de España, con obstáculos para nenos e nenas de 3 a 12 anos e inscricións abertas ata mañá
Isma impón o seu dominio no XIX Aberto de Billarda Vila de Ribadeo
O xogador dos Carabullo gañou a segunda xornada da LNB NorLeste con 24 puntos, mentres que Billardeiros Musicais se impuxo na clasificación por equipos
Ribadeo ensinará a veciñanza a realizar reanimación cardiopulmonar e utilizar desfibriladores
A formación práctica celebrarase o sábado 24 de outubro no pavillón municipal, de 10:30 a 13:00 horas, e estará aberta a persoas de todas as idades
Hodei levará a Ribadeo unha experiencia de maxia inmersiva co seu espectáculo en 360 graos
O Auditorio Hernán Naval acollerá o domingo 25 de outubro dous pases de "3 Elementos", unha proposta para todos os públicos a partir de 7 anos que forma parte de Camiño Escena Norte
A Agrupación Cultural Francisco Lanza percorre As Pontes, Pontedeume e Sobrado dos Monxes
A entidade de Ribadeo organizou unha viaxe cultural para coñecer o pasado industrial das Pontes, a historia dos Andrade e o patrimonio artístico do mosteiro cisterciense
Ribadeo sanciona aos propietarios de animais que deixan os excrementos na vía pública
O concello fai unha chamada ao respecto e ao civismo das persoas: “apelamos ao civismo e ao respecto"
Cuarenta negocios de Ribadeo colaboran coa recollida anual de donativos da Asociación Española Contra o Cancro
Xa está todo preparado para a celebración da XII Cea Gala Anual de Acisa, que terá lugar este domingo, 18 de outubro, ás 19:30 horas, no Parador de Turismo de Ribadeo
Promoven un voluntariado para retirar plumeiros e frear a expansión da herba da pampa en Ribadeo
A xornada ambiental celebrarase o domingo 18 de outubro ás 09:00 horas, con saída desde a gasolineira do polígono industrial
Ribadeo instalará dous desfibriladores públicos na rúa San Francisco e na avenida Rosalía de Castro
Os dispositivos inauguraranse o 22 de outubro ás 13:00 horas e o Concello prevé organizar formación en reanimación cardiopulmonar e no seu uso
Eventos
Ribadeo pon o foco no futuro dos montes cun encontro forestal do Noroeste
A cita desenvolverase no CFEA Pedro Murias de 10:00 a 14:00 horas con tres mesas centradas na madeira, o cambio climático e o futuro do sector
Comedia, memoria e vinganza no teatro amador de A Mariña
Os grupos A Mariña, A Caxiga, Colectivo Cultural Ollomao e O Torques actuarán entre o sábado 17 e o domingo 18 de outubro
Ribadeo retoma o programa Preto de Ti con actividades en 14 parroquias
A iniciativa municipal ofrece propostas de lecer, formación e benestar para favorecer a convivencia veciñal e combater a soidade non desexada
Ribadeo acollerá o 24 de outubro a ruta ciclista Gravel Rebels, con 60 prazas
A proposta organizada por Galician Gravel Cycling combinará rutas en bicicleta gravel, un almorzo tipo brunch e un menú de picoteo ao remate, coa inscrición aberta ata o día 23
A Gladiator Kids chega a Ribadeo o 25 de outubro cunha carreira solidaria de obstáculos
A proba, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, comezará ás 12.00 horas diante do Concello e contará con 250 prazas como máximo. Os seis euros da inscrición destinaranse integramente a Cruz Vermella Ribadeo
Ribadeo regulará o estacionamento de caravanas e autocaravanas con multas de ata 3.000 euros
A normativa diferenciará entre pernoita e acampada, fixará tempos máximos de permanencia e establecerá sancións de entre 200 e 3.000 euros
Ribadeo reunirá o sector forestal no I Encontro Forestal do Noroeste
A xornada celebrarase o 16 de outubro no CFEA Pedro Murias e reunirá profesionais, empresas, propietarios, administracións, entidades de investigación e representantes da sociedade civil










