Novas de O Vicedo
Teatro e memoria danse cita nas Cortes do Vicedo cunha tarde dedicada á vida nas aldeas
O colectivo teatral Son d'Aldea presentará varias escenas de 'Os Caseiros' e participará nun coloquio sobre o teatro e a vida no rural
O Vicedo prepara un novo contrato para xestionar o Centro de Día
O Concello busca unhas condicións máis asumibles para atraer empresas mentres avanzan as obras de mellora nas escolas e comeza a pista multideporte do colexio
O Vicedo retoma a animación á lectura cun obradoiro para crear historias a partir de fotografías
A actividade celebrarase na Casa da Cultura e estará aberta tamén á participación de nenos e nenas doutros concellos
O BNG do Vicedo denuncia falta de previsión ante os problemas de auga en San Román, Riobarba e Cabanas
Os nacionalistas aseguran que xa advertiron en xullo das consecuencias da seca e reclaman ampliar a rede municipal de abastecemento para evitar novos episodios
O PP reclama cubrir as vacantes da Garda Civil do Vicedo, que actualmente conta cun só efectivo
O alcalde, Jesús Novo, levará ao Pleno do 30 de setembro unha proposta para reclamar ao Goberno central que cubra as baixas e prazas vacantes dun posto cun catálogo de oito efectivos
O Vicedo volve saír á rúa para reclamar dous médicos permanentes no centro de saúde
A veciñanza continúa coas mobilizacións iniciadas en novembro de 2023 e advirte de que as dificultades para cubrir ausencias e vacacións agravan as carencias na atención sanitaria
O Teatro das Cortes do Vicedo recibe o Premio Son d’aldea pola súa aposta pola cultura no rural
O galardón recoñece a transformación dunha antiga corte de vacas nun espazo cultural que acolle teatro, concertos, exposicións e actividades formativas
O Teatro das Cortes do Vicedo acolle unha xornada dedicada á creación escénica de Wences Lamas
A programación celebrarase o sábado 29 de agosto con proxeccións, un coloquio coa participación de Nazaret López e a representación da performance teatral 'Oráculo'
O Vicedo propón unha ruta nocturna entre Abrela, o Fuciño do Porco e San Román
A actividade celebrarase o mércores 19 de agosto cun percorrido que permitirá descubrir ao anoitecer diferentes enclaves da costa do municipio e estará aberta a participantes de todas as idades
Últimos días para participar no concurso fotográfico Turismo O Vicedo 2026
O prazo para presentar imaxes da novena edición remata o 17 de agosto e o certame repartirá 650 euros en premios
O PSdeG do Vicedo acusa ao PP de impedir o debate das súas iniciativas no Pleno
As socialistas censuran o rexeitamento da súa proposta para mellorar o mantemento dos espazos públicos e cuestionan un investimento de preto de 100.000 euros por consideralo improvisado
Os obradoiros tecnolóxicos “maker” de Argallando entre Xeracións regresan á Aula CeMIT do Vicedo
A proposta, dirixida a rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos, combinará formación en tecnoloxía con unha actividade final de intercambio coas persoas maiores
O Vicedo prepara unha nova edición da andaina solidaria contra o cancro
A iniciativa, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, celebrarase o 19 de xullo cun percorrido aberto á participación de toda a veciñanza
O pavillón municipal de O Vicedo xa leva o nome de Jesús Manuel Bellas "Kubala"
O Concello rende homenaxe á súa traxectoria e ao seu compromiso co deporte local nun acto celebrado xunto a familiares, amizades e representantes institucionais
O Vicedo continúa o seu programa de verán con rutas en kayak, unha marcha solidaria e a exposición sobre Kubala
A programación desta semana inclúe unha nova actividade dos Mércores de Natureza, a II Marcha contra o Cancro e os últimos días para visitar a mostra dedicada á traxectoria deportiva local de Kubala
O Vicedo acollerá o 19 de xullo a segunda edición da andaina solidaria contra o cancro
A actividade, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, manterá abertas as inscricións ata o propio día do evento e destinará a recadación á investigación e ao apoio a pacientes e familias
O torneo de fútbol 7 de O Vicedo xa quenta motores para a fin de semana do 18 e 19 de xullo
A competición, organizada pola Unión Deportiva Folgueiro, disputarase no campo de Boavista
Eventos
O Vicedo prepárase para celebrar as festas de Santo Estevo e Santa Lucía a comezos de agosto
A localidade volverá reunir veciños e visitantes nunha das citas festivas máis esperadas do verán
A Romaxe Viquinga de O Vicedo confirma a Tim O’Sullivan como primeira actuación internacional da IX edición
A festa histórica do 24 e 25 de xullo incorpora ao músico irlandés como primeiro nome confirmado do programa
O Vicedo volve apostar polas rutas guiadas gratuítas para descubrir o seu patrimonio natural
O programa ofrecerá percorridos por tres enclaves emblemáticos do municipio con grupos reducidos e inscrición previa
O Vicedo impulsa novos cursos tecnolóxicos para a mocidade na Aula CeMIT
A programación inclúe robótica, programación, ofimática e edición de vídeo para nenos e rapaces a partir dos oito anos
O debate sobre a situación da Garda Civil no Vicedo chega ao Senado
O PP reclama medidas urxentes para recuperar a operatividade do posto mentres o PSOE acusa aos populares de alarmismo e falta de respecto á institución
O Festival da Lingua Moza converterá o Teatro das Cortes nun punto de encontro para a mocidade e o galego
A cita, que se celebrará os días 27 e 28 de xuño en O Vicedo, combinará obradoiros, música, teatro, regueifa e actividades participativas para achegar a lingua ás novas xeracións
María García levará a O Vicedo unha presentación teatralizada de “Alma de grilo”
A escritora estará acompañada pola guitarrista Icía Saavedra nun espectáculo que combina literatura, teatro e música en directo










