O Vicedo volverá camiñar contra o cancro coa segunda edición da súa andaina solidaria

AMariñaXa
A cita celebrarase o 19 de xullo cun percorrido aberto a todas as idades e inscricións xa dispoñibles para colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro
en-marcha-contra-o-cancro-cartel
4 Jul 2026

O municipio do Vicedo acollerá o vindeiro 19 de xullo a II Andaina "O Vicedo en Marcha Contra o Cancro", unha iniciativa solidaria impulsada pola Asociación Española Contra o Cancro que busca promover hábitos de vida saudables e recadar apoio para a loita contra a enfermidade.

A actividade está aberta á participación de persoas de todas as idades e dará comezo ás 11.00 horas. O percorrido iniciarase na Ponte Vella sobre o río Sor e rematará no parque do Vicedo, converténdose nunha xornada de convivencia, deporte e solidariedade.

As persoas interesadas xa poden formalizar a súa inscrición a través da plataforma habilitada pola organización. Ademais, tamén será posible anotarse de maneira presencial na Casa da Cultura do Vicedo entre os días 13 e 17 de xullo, en horario de 11.00 a 13.00 horas.

Con esta segunda edición, a organización aspira a consolidar unha cita que combina actividade física e compromiso social, facendo un chamamento á participación da veciñanza e dos visitantes para apoiar unha causa solidaria e contribuír ao labor que desenvolve a Asociación Española Contra o Cancro.

0.11943793296814