AMariñaXa
O Vicedo encherá agosto de actividades culturais, deportivas e de natureza para todos os públicos
O programa inclúe rutas guiadas, propostas ambientais, concursos, karaoke e iniciativas ao aire libre repartidas ao longo de todo o mes
Vegadeo acollerá o Día da Muller Rural de Asturias na súa edición de 2026
O concello será a sede da celebración o 15 de outubro e anima a presentar candidaturas ao Premio Muller Rural de Asturias
A Rede Museística de Lugo acollerá catro obradoiros gratuítos de literatura e creatividade financiados por Erasmus+
A iniciativa, impulsada por Terras Irmãs en colaboración con entidades galegas e portuguesas, percorrerá os museos de Friol, Monforte, Lugo e Cervo do 18 ao 21 de agosto
Ribadeo volverá converterse no epicentro da curtometraxe coa quinta edición do Festival de Cine Curto Ollo de Boi
O actor e músico Xoán Fórneas exercerá de padriño dunha edición que reunirá oito curtametraxes de Galicia e Asturias e que contará con proxeccións, concertos e actividades gratuítas
Viveiro presenta unha ampla programación para agosto e desvela a pregoeira das Festas de San Roque 2026
Concertos, actividades culturais, eventos deportivos e novidades como a Festa da Xuventude e as charangas marcarán un calendario pensado para todos os públicos
GaliciaXa
Balseiro reclama ao Goberno a instalación do guiado láser no Fiouco para mellorar a seguridade na A-8
O senador do PP lembra que o Senado aprobou en maio unha iniciativa para implantar esta tecnoloxía e critica a falta de avances por parte do Executivo
PSdeG e BNG forzan un Pleno extraordinario no Valadouro para pedir explicacións sobre a situación económica municipal
A sesión celebrarase o 18 de agosto e incluirá tamén o debate dunha moción contra o peche de camas no Hospital da Costa
A reforma do Mercado de Abastos de Viveiro mobilizará 500.000 euros para modernizar as instalacións
O proxecto renovará os espazos, mellorará a eficiencia e a accesibilidade e reforzará o protagonismo da área de venda de peixe e marisco
Santa Cruz renova a súa imaxe con nova iluminación e melloras na estrada de acceso
A actuación puxo en valor os monumentos, o miradoiro, a fonte e a área recreativa, ademais de renovar o pavimento da baixada
Héctor Salvador achegará a Ribadeo a experiencia de mergullarse na Fosa das Marianas
Héctor Salvador protagonizará unha conferencia na Semana Náutica para compartir a experiencia de descender ata os 10.706 metros de profundidade na Fosa das Marianas
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación impulsará 52 proxectos das Reservas da Biosfera a través das axudas
A Xunta de Goberno aprobou este venres a listaxe provisional dunha das liñas que destina a institución provincial a entidades asociativas sen ánimo de lucro
O PSdeG de Ribadeo destaca a mellora da estrada entre Cedofeita, Arante e Regocorto
Os socialistas valoran o investimento da Deputación na LU-P-5204 e consideran a actuación clave para reforzar a seguridade e a mobilidade nas parroquias rurais
A rehabilitación da estrada do Cadramón avanza cun investimento de máis de 256.000 euros
O PSdeG do Valadouro destaca a licitación das obras na LU-P-6305 e subliña o compromiso da Deputación coa mellora da rede viaria do municipio
A Deputación desbloquea a recta final do Centro de Atención a Maiores da Pontenova
A institución provincial encarga a Tragsa a conclusión da residencia tras resolver a situación derivada da paralización das obras pola quebra da empresa adxudicataria
Trabada inicia a comunicación das bonificacións na factura da luz ás persoas beneficiarias
O persoal de Recursos de Galicia visitará os domicilios a partir do luns para informar de maneira presencial sobre esta medida de apoio ao consumo eléctrico
Cervo prepárase para vivir unha semana de festas con música, tradición e actividades para todas as idades
As celebracións na honra da Nosa Señora, da Virxe do Carme e de San Roque desenvolveranse do 14 ao 16 de agosto e culminarán o día 22 coa XLVIII Queimada Popular
O PSOE de Viveiro reclama actuacións urxentes para mellorar o estado de instalacións e espazos públicos do municipio
Os socialistas levarán ao pleno varios rogos nos que piden reparacións, labores de limpeza e un maior mantemento en Vieiro, Pernas Peón, Celeiro e A Cabana
O Val homenaxeará a súa historia musical cun festival que reunirá a artistas de varias xeracións
A cita, prevista para o 7 de agosto, combinará obradoiros, unha mesa redonda, concertos e unha exposición fotográfica dedicada ao patrimonio musical da parroquia
Viveiro estrea a Milla Internacional do Cantábrico para converterse nun referente do atletismo urbano
A cidade acollerá os días 17 e 18 de outubro un gran evento deportivo con tres competicións, actividades para todos os públicos e a participación do atleta olímpico Adrián Ben como embaixador
GaliciaXa
Controlados os tres incendios que afectan aos concellos de Monfero, Guitiriz, Ourol e Taboada
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal
O PSdeG de Cervo denuncia cancelacións de consultas e alerta da falta de médicos nos centros de saúde durante agosto
As socialistas reclaman ao Sergas máis persoal, unha mellor comunicación cos pacientes e medidas para evitar o deterioro da Atención Primaria no municipio
GaliciaXa
Prorrogadas un mes máis as medidas preventivas ante a dermatose nodular contaxiosa
A análise do risco sanitario existente, que se realiza de xeito permanente polos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería, aconsella manter polo de agora as medidas cautelares establecidas na comunidade
Ribadeo reclama a Portos de Galicia actuacións en Rinlo e Porcillán para mellorar as infraestruturas portuarias
O Concello solicita a renovación da rampla de acceso de Rinlo e novas actuacións en iluminación, accesibilidade e servizos na zona portuaria ribadense




