Sociedade
O Sanci Tapeando regresa este xoves con sete locais e tapas a tres euros
A iniciativa gastronómica, coa colaboración do Concello de Cervo, arrinca o 15 de outubro con propostas que van desde un falso risotto de cogomelos ata unhas albóndegas mariñeiras
Xove reúne 50 persoas na súa primeira xornada dedicada á micoloxía
A iniciativa combinou unha saída ao campo na parroquia de Monte coa identificación dos cogomelos recollidos e o intercambio de coñecementos
Sandra Gómez López preside a nova directiva da Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea
O equipo directivo complétase con Ana Veiga García, Ana do Xuez, como vicepresidenta; Ánxela Fernández Fernández, Angelina de Fleire, como secretaria; e David Varela Díaz, David de Campos, que exercerá como tesoureiro
Burela pon en marcha o Espazo Zero para ofrecer un punto de encontro seguro á mocidade
A iniciativa da asociación Arraianas desenvolverase os xoves, do 15 de outubro ao 17 de decembro, no marco do programa Candea de prevención da soidade non desexada e do suicidio.
GaliciaXa
Mil mulleres rurais reuniranse en Lugo para reivindicar o seu liderado e os seus dereitos
FADEMUR e a Deputación organizan o 15 de outubro un encontro no Pazo de Feiras e Congresos que coincide co 20º aniversario da federación en Galicia
Xove resolve 497 incidencias comunicadas pola veciñanza a través de Liña Verde
Os desperfectos en beirarrúas e calzadas concentran o 20 % dos avisos recibidos por este servizo municipal, seguido dos relacionados co alumeado público, os parques e xardíns e os puntos de auga
O programa 'Lugo de corazón a corazón' achegará a prevención cardiovascular a 16 concellos da provincia
A Deputación achega 8.217,50 euros a ACARLU para organizar sesións sobre prevención, hábitos saudables, primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar desde este mes ata a primavera
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo incorporará 37 efectivos nos próximos meses
A entidade conta actualmente con 120 profesionais e avanza tamén na mellora da súa estrutura administrativa, dos parques e dos equipamentos
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación pon en marcha un Centro de Innovación Territorial para impulsar o emprego e frear o despoboamento
Alfoz mellora a ruta Pena Abaladoira–Fervenza de Escouridal con nova sinalización e contidos dixitais
A actuación, financiada con 14.985 euros da Xunta, incorpora novos paneis, sinalización e códigos QR para divulgar os valores naturais do Pereiro
Ribadeo regulará o estacionamento de caravanas e autocaravanas con multas de ata 3.000 euros
A normativa diferenciará entre pernoita e acampada, fixará tempos máximos de permanencia e establecerá sancións de entre 200 e 3.000 euros
GaliciaXa
Que supoñen os dous decretos de vivenda aprobados polo Goberno central e como afectan ao alugueiro?
Os novos reais decretos-lei introducen cambios nos contratos de alugueiro, as prórrogas, os desafiuzamentos, os pisos turísticos, os alugueiros temporais e por habitacións, a fiscalidade e o acceso á primeira vivenda
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Vicepresidencia da Deputación publica a resolución definitiva das subvencións para asociacións culturais
O PSOE de Viveiro reclama limpar os sumidoiros e mellorar varios viais do municipio
O grupo socialista tamén solicita información sobre as xestións ante Portos de Galicia para completar o acondicionamento da Rúa do Porto de Celeiro
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O Día do Veciño reunirá a 5.000 persoas no Pazo de Feiras o próximo 18 de outubro
A Deputación acolleu a presentación dunha nova edición desta cita que organiza a Federación Veciñal integrada por 300 asociacións
Trabada programa catro actividades de orientación e acompañamento para familias durante o curso
A Casa da Cultura acollerá charlas e espazos de orientación sobre estudo, educación positiva, atención e comportamento infantil
GaliciaXa
Xa se pode solicitar o voto por correo para as eleccións xerais do 29 de novembro
Os electores poderán tramitar a solicitude ata o 19 de novembro, tanto de forma telemática a través da web de Correos como presencialmente en calquera oficina postal
A Pontenova acollerá un curso gratuíto sobre transformación e conservación de excedentes da horta
A formación desenvolverase os días 16, 17 e 31 de outubro no Centro Social Blanca Muriais, na área recreativa de Saldoira
Alfoz retoma o programa ActivaMENTE para estimular a memoria e manter activa a mente
A nova edición comezará o 13 de outubro no Centro Sociocultural e manterá aberta a inscrición durante todo o ano
Ourol ensinará técnicas caseiras para conservar alimentos nun obradoiro práctico
A actividade celebrarase o 8 de outubro no edificio multiúsos e permitirá aprender diferentes métodos para elaborar e conservar alimentos de forma segura
O Valadouro cortará varias rúas desde o 5 de outubro por obras na rede de saneamento
Os cortes afectarán á rúa Xistral, á rúa José Antonio Ferreiro González e ao acceso da rúa Fonte Nova, e manteranse ata o remate dos traballos
A comisión do San Xoán de Covas deixa a organización das festas tras anos de traballo
Paula Piñón e o resto dos integrantes deciden facer un parón tras encargarse dos festexos desde 2013
"Deixamos unha parte das nosas vidas": Xuventudes Chilindrinas deixa as festas de Celeiro
A asociación anuncia a súa marcha polo desgaste acumulado e reclama que novas persoas recollan o testemuño para manter as celebracións




