Alfoz retoma o programa ActivaMENTE para estimular a memoria e manter activa a mente

O Concello de Alfoz porá en marcha unha nova edición de ActivaMENTE, o programa de estimulación cognitiva destinado a pensionistas e persoas maiores de 55 anos. A iniciativa busca ofrecer un espazo de actividade e participación orientado a manter a mente activa mediante exercicios de estimulación cognitiva.
As sesións comezarán o 13 de outubro, ás 10:30 horas, no Centro Sociocultural de Alfoz, onde se desenvolverá o programa.
A inscrición permanecerá aberta ao longo de todo o ano, polo que as persoas interesadas poderán incorporarse á actividade tamén con posterioridade ao inicio das sesións.
Para solicitar máis información ou formalizar a inscrición, é posible acudir directamente ao Concello de Alfoz ou contactar a través do teléfono 982 55 80 01.
Desde o Concello animan ás persoas que cumpran os requisitos a participar nesta proposta, pensada para favorecer o exercicio das capacidades cognitivas e manter unha actividade regular.