Cultura
Ribadeo acollerá unha nova edición de 'Mar por Medio' para afondar nos valores e na proxección do Camiño
O encontro reunirá representantes do ámbito académico, dos medios de comunicación e de asociacións xacobeas e culminará co ingreso na Academia de John Rutherford e Manuel Valín
Xove busca as mellores imaxes da súa natureza, costa e mar
As persoas participantes poderán presentar as súas imaxes ata o 30 de outubro nun certame centrado na beleza e na riqueza natural do municipio
A Pontenova recibe 250.000 euros da Deputación para mellorar infraestruturas e servizos
O convenio permitirá reformar a antiga escola de Vilaodriz, acondicionar dous camiños, impermeabilizar un depósito de auga e adquirir unha furgoneta eléctrica, entre outras actuacións
As San Lucas avanzan cara á declaración de Festa de Interese Turístico Nacional
Turismo de Galicia avala a candidatura dunha celebración con máis de oito séculos de historia que reúne arredor de 40.000 persoas e mantén o cabalo como un dos seus grandes sinais de identidade
Ribadeo homenaxea á pioneira Manuela Barreiro Pico cun mural de Diego As
O acto celebrarase este venres 25 de setembro ás 20.30 horas no Teatro de Ribadeo e incluirá unha representación da asociación La Moderna
Santa Cruz, unha asociación para manter viva a convivencia no Valadouro
A asociación, nacida en 1982, inicia unha nova etapa cunha directiva renovada, arredor de 90 socios e o reto de combater o envellecemento e a soidade a través da cultura, as tradicións e a participación veciñal
Mondoñedo acolle un encontro para resolver as dúbidas de autónomos e emprendedores
APE Galicia organiza o luns 21 de setembro no Pazo Santomé un encontro para informar sobre apoio ao traballo autónomo, recursos para emprender e experiencias reais
A 'Medea' de Xesús Pisón inspira unha aria estreada en Berlín
O texto dramático do autor do Valadouro serviu de inspiración para unha das pezas interpretadas no concerto 'Cantos do mar e da noite', coa soprano María Hinojosa Montenegro e o trompista Simon Lewis
A Pontenova retomará as obras do Centro de Atención a Maiores tras quedar paralizadas ao 70 %
A Deputación encomendou a Tragsa os traballos pendentes do edificio, que contará cunhas 30 prazas residenciais, dentro dun paquete de investimentos de máis de 2,7 millóns no municipio
O Teatro Pastor Díaz afronta o último trimestre do ano con teatro, circo, música, humor e maxia
Carlos Blanco, Teatro ó Cubo, Pistacatro, Contraproducións, Ártika Teatro e a Banda de Música O Landro forman parte dunha axenda con propostas para público adulto, infantil e familiar
Xove celebrarase sobre dúas rodas cunha nova edición do Día da Bicicleta
A actividade partirá ás 11.00 horas da Praza do Concello e contará cun percorrido de entre 10 e 15 quilómetros para maiores de 7 anos e outro adaptado aos máis pequenos
Barreiros recupera os saberes da cestería cun obradoiro en Vilamar
O Colectivo Cultural Ollomao promove oito sesións para aprender a preparar e manexar os materiais e coñecer as técnicas básicas deste oficio tradicional
Foz converterá as súas rúas nun escape room para descubrir a historia e a arte urbana da vila
A actividade gratuíta celebrarase o 19 de setembro e desafiará aos participantes a resolver probas e acertixos nun percorrido que partirá do mural "Rente ao Mar"
Vilalba protagoniza o día grande dos Remedios coa ofrenda de Marta Rouco en Mondoñedo
A representante vilalbesa apelou ao legado recibido das xeracións anteriores e preguntouse polo mundo que se está construíndo para as que veñen detrás
Augaxosa reivindica a tradición gandeira cunha feira que mantén vivo un legado de séculos
A cita, documentada desde o século XVIII, repartirá máis de 800 euros en premios e combinará a exposición de gando con artesanía, gastronomía, música e actividades de promoción das razas galegas
Ourol celebra dúas xornadas de cultura tradicional con obradoiros, foliadas e concertos
A programación desenvolverase entre o Edificio Multiúsos e a Praza do Concello con propostas arredor da memoria, a música e a cultura popular galega
O BreaSon regresará a Mondoñedo o 7 de novembro cunha nova edición
A Asociación Xuvenil Xoldra confirma a celebración da cita e anuncia a primeira actuación dun programa que aínda incorporará máis artistas e actividades paralelas
Mondoñedo recuperará o espírito das tabernas cunha xornada de música e baile tradicional
A XIV Xuntanza de Cantos de Taberna celebrarase o 12 de setembro cun programa que inclúe sesión vermú, obradoiro de baile, actuacións polos locais da vila e unha foliada aberta
A Ruada de Contos de Viveiro continúa con dúas citas os sábados 12 e 19 de setembro
A Cova das Letras e Tarabela protagonizarán os dous espectáculos, que se celebrarán ás 12.30 horas no Atrio de Santa María
Burela completa un mural de 1.300 metros cadrados que percorre a historia e os oficios do mar
As obras realizadas por Martín Lestao, Belén Mogo e Diego Domínguez envolven preto de 250 metros lineais da sede e retratan desde as artes de pesca ata as mulleres do sector e os mariñeiros que non regresaron
Rebuldeira Teatro de Sarria leva o seu teatro por Galicia este outono con dúas obras
A compañía percorrerá sete localidades entre setembro e novembro con ‘Vermello’ e ‘A desconfianza’, que se estreará en Sarria o 20 de setembro
As festas da Virxe dos Remedios regresan a Mondoñedo con música, tradición e verbenas
A cidade vivirá tres días de celebracións do 12 ao 14 de setembro cun programa que inclúe os XIV Cantos de Taberna, actos relixiosos, orquestras e o Día do Neno
Cervo amplía ‘Brincos de Lecer’ con actividades para crianzas desde os dous anos
O programa incorpora ‘Brinquiños’ para nenos e nenas de 2 e 3 anos e mantén propostas como ‘Playing in English’, manualidades, técnicas de estudo e obradoiros de fin de semana
Comeza unha nova edición de Camiño Escena Norte 2026 en 6 comunidades do norte do Estado
Leva tres espectáculos galegos a nove concellos doutras comunidades e trae a Galicia 10 funcións co apoio da Xunta




