A Pontenova pon en marcha un programa de actividades con baile, ioga, acuarela e zumba

A Pontenova contará cunha nova oferta de actividades para fomentar o lecer, o exercicio e a creatividade entre a veciñanza. A Asociación Musical Eco das Minas, A Chocolateira, pon en marcha o programa Rural Activo, que incluirá clases de baile tradicional, ioga dinámico, acuarela e zumba.
As propostas desenvolveranse en diferentes locais do municipio cedidos polo Concello da Pontenova, que colabora coa iniciativa. Cada unha das disciplinas estará dirixida por unha profesional especializada e as persoas interesadas poderán contactar directamente coas responsables para obter máis información sobre as clases.
O baile tradicional estará impartido por Marina Rancaño, bailadora da Fonsagrada e Santalla de Oscos. Para solicitar información sobre esta actividade está dispoñible o teléfono 653 434 712.
A programación incorpora tamén ioga dinámico, con Ana como instrutora e contacto no 610 017 112, mentres que a formación de acuarela correrá a cargo de Rocío, de Efe Efe Estudio, a través do teléfono 659 354 645.
Completa a oferta o zumba, unha alternativa centrada no exercicio a través do baile que será impartida por Rocío, de Baila y Zumba. Neste caso, as persoas interesadas poden informarse no 686 920 878.
Con Rural Activo, A Chocolateira amplía as súas propostas máis alá do ámbito estritamente musical e reúne nun mesmo programa actividades vinculadas á cultura tradicional, ao benestar, á actividade física e á expresión artística.
A iniciativa está organizada pola Asociación Musical Eco das Minas (A Chocolateira) coa colaboración do Concello da Pontenova, que facilitará os distintos espazos municipais nos que se levarán a cabo as actividades.