As festas da Virxe dos Remedios regresan a Mondoñedo con música, tradición e verbenas

AMariñaXa
A cidade vivirá tres días de celebracións do 12 ao 14 de setembro cun programa que inclúe os XIV Cantos de Taberna, actos relixiosos, orquestras e o Día do Neno
festa-os-remedios-mondoñedo
10 Sep 2026

Mondoñedo prepárase para celebrar unha nova edición das Festas Patronais da Virxe dos Remedios, que este ano se estenderán durante tres xornadas, do sábado 12 ao luns 14 de setembro. A música e os actos tradicionais volverán marcar unha programación na que tamén haberá espazo para as verbenas e para o público infantil.

As celebracións comezarán o sábado 12 cunha das propostas máis arraigadas dos últimos anos, os XIV Cantos de Taberna. A xornada contará ademais coa Orquestra Miramar, que animará tanto a sesión vermú como a verbena.

O domingo 13 concentrará boa parte dos actos vinculados á festividade da Virxe dos Remedios. A xornada incluirá a misa de ofrenda, que terá como oferente á alcaldesa de Vilalba, e a posterior procesión. A programación musical completarase cun concerto da Banda de Música de Vilalba.

A festa continuará durante o resto do domingo coa Orquestra Salsarena, encargada de amenizar a sesión vermú e de regresar pola noite para protagonizar a verbena.

O programa despedirase o luns 14 coa tradicional misa de confrades e unha nova proposta musical. Nesta ocasión, Suavecito será o encargado da sesión vermú. A última xornada estará dedicada tamén aos máis pequenos coa celebración do Día do Neno.

Mondoñedo afrontará así tres días nos que as celebracións relixiosas na honra da súa patroa compartirán protagonismo co ambiente festivo e coa música. A Asociación Cultural Virxen dos Remedios organiza a cita coa colaboración do Concello de Mondoñedo e da Xunta de Galicia.

PROGRAMACIÓN

0.14598894119263