Novas de Barreiros
As familias de Barreiros cuestionan ao BNG polo seu papel na intervención urbanística
Os afectados recuperan un escrito de 2005 no que os nacionalistas reclamaban á Xunta unha "intervención urxente", mentres a formación insiste en que nunca denunciou especificamente os seis chalés
As familias dos chalés de Barreiros esixirán unha orde xudicial para permitir o acceso
Os afectados solicitarán tamén máis tempo para retirar as súas pertenzas se finalmente non se consegue evitar a derruba e convocan unha concentración
A VIII Festa do Ovo Frito de Barreiros reúne máis de 1.400 racións no Campo do Cascabeiro
O Celta Barreiros fai un balance moi positivo dunha cita gastronómica que contou coa colaboración do Concello e que combinou gastronomía, música e unha noite de bo tempo
O deterioro dunha antiga cancha de baloncesto de Barreiros provoca críticas pola falta de mantemento
A pista situada na avenida Casiano Moreno presenta as canastras oxidadas e vexetación entre as fendas do pavimento, mentres veciños da zona aseguran que a instalación ten máis de vinte anos
Celeiro de Mariñaos celebrará a Romaría de San Caetano cunha nova edición da Festa da Tortilla
A programación combinará tradición relixiosa, gastronomía, música, concursos e actividades para todas as idades entre o 9 e o 16 de agosto
As familias dos seis chalés de Barreiros reclaman axilizar o PXOM para intentar evitar o derrubo
Os afectados reconstruen máis de dúas décadas de procedementos administrativos e xudiciais e sosteñen que a adaptación do planeamento podería abrir unha vía para a legalización das vivendas
A 1/2 Km Vertical Monte Comado regresa a Barreiros con máis de 150 inscritos na súa duodécima edición
A carreira disputarase este domingo 19 de xullo e forma parte do circuíto +KmsBarreiros. A inscrición permanecerá aberta ata o 16 de xullo
A ETAP de Celeiro recupera a normalidade tras a avaría que comprometeu o abastecemento en Barreiros
Aínda que o sistema xa funciona con normalidade, continúan pendentes algunhas intervencións técnicas para completar a reparación
O BNG e Galiza Nova organizan na Mariña un programa de actos con motivo do Día da Patria Galega
Foz, Barreiros e Ribadeo acollerán actividades festivas, culturais e reivindicativas durante o mes de xullo antes da manifestación nacional do día 25 en Santiago
Un gran xantar popular e música en directo protagonizan a Festa do Mexillón en Barreiros
O campo de fútbol do Cascabeiro acollerá o vindeiro 18 de xullo esta cita gastronómica organizada polo club local
O Concello de Barreiros terá que derrubar seis vivendas de San Pedro de Benquerencia tras unha sentenza firme
O Concello licitou por 343.657 euros os traballos para executar a resolución xudicial que declarou ilegal a licenza concedida en 2012, durante un goberno do PP
O Arco da Vella de Barreiros afronta un verán cheo de actividade e tradición
A agrupación fai balance positivo do curso e prepara un intenso calendario de actuacións e festivais durante xullo e agosto
Barreiros ofrecerá este verán quince visitas guiadas para descubrir o seu patrimonio natural, cultural e histórico
A sexta edición de "Barreiros queda en ti" desenvolverase durante xullo e agosto con seis propostas gratuítas en diferentes puntos do municipio
O Colexio de Xornalistas de Galicia impulsa en Barreiros un obradoiro de alfabetización mediática contra a desinformación
A actividade, gratuíta e aberta á cidadanía adulta, terá lugar o 30 de xuño no Centro Sociocultural de San Cosme e estará impartida pola xornalista Carmen Quintela
Santo Estevo do Ermo volverá viaxar ao pasado coa celebración do XIII Festival Histórico Augas Santas
A cita, prevista para o 27 de xuño en Barreiros, combinará recreación histórica, tradición celta, música, gastronomía popular e actividades culturais nun ambiente inspirado nas antigas celebracións do territorio
Presentado o Festival Atlántica, que percorrerá a provincia de Lugo cunha ampla participación de colectivos
A XIV edición aposta por levar a narración oral a espazos patrimoniais e naturais de toda a provincia cunha programación que combina memoria, cultura e territorio
Barreiros reforza as infraestruturas do rural con actuacións en camiños e servizos forestais
As melloras executadas en distintas parroquias do municipio buscan facilitar a actividade agrogandeira e optimizar os recursos destinados ao sector forestal
Ribadeo reúne ao sector lácteo para debater como avanzar cara a explotacións máis sostibles
A xornada final do proxecto Laktis congregou a preto dun cento de profesionais e serviu para presentar ferramentas, experiencias e propostas orientadas á redución da pegada ambiental das granxas
O Festival Folclórico Infantil de San Miguel de Reinante celebrará a súa edición número 33 o 27 de xuño
A cita reunirá en Barreiros a grupos de música e baile tradicional nunha tarde marcada pola participación da mocidade e a defensa da cultura popular galega
Barreiros prepara a oitava edición da Concentración Retroclásicos na Praia de Coto
A cita automobilística celebrarase o 22 de agosto e mantén aberto o prazo de inscrición para os vehículos participantes ata o día 19
Barreiros promoverá un verán de ocio alternativo para a mocidade coa iniciativa “Noites Alternativas”
O programa ofrecerá actividades culturais, artísticas e participativas durante os meses de xullo e agosto para mozos e mozas de entre 13 e 18 anos
As plantas medicinais protagonizarán a clausura do ciclo SanArte en Barreiros
Ollomao organizará en Vilamartín Pequeno un obradoiro práctico de elaboración de auga florida e intercambio de saberes tradicionais
Barreiros promoverá un mural participativo contra as violencias machistas coa colaboración de Leandro Lamas
A iniciativa reunirá á veciñanza os días 16 e 17 de xuño nun proxecto artístico colectivo financiado a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
Vilamartín Pequeno prepara dúas xornadas de festa con música, gastronomía e tradición popular
A V Festa do Requesón, a churrascada gratuíta e as actuacións musicais protagonizarán unha celebración que reunirá veciñanza e visitantes




