Novas de Barreiros
Tres películas visibilizarán a realidade das mulleres rurais en Barreiros
O Centro Social de San Cosme acollerá as proxeccións de "La buena suerte", "La buena letra" e "La tierra negra" os días 25 de outubro, 8 e 15 de novembro, dentro do Ciclo de Cine e Mulleres Rurais
Barreiros ensina ao alumnado a cociñar peixe de tempada co proxecto "Vivir o Mar"
O colexio de San Cosme acolleu o primeiro dos oito obradoiros previstos para este ano, con actividades sobre alimentación saudable, deporte e coidado do litoral
Barreiros impulsa 'Vivir o Mar' para fomentar a alimentación saudable e o deporte entre a mocidade
O proxecto inclúe oito obradoiros nos colexios de San Cosme e San Miguel de Reinante, dous certames escolares e actividades vinculadas á Carreira das Praias, cun investimento de 35.446,95 euros
Barreiros acolle un Túnel do Viño para analizar o presente e o futuro dos tintos galegos
A iniciativa combinará unha charla do sumiller Miguel Anxo Besada cunha cata dirixida por Martiño Santos, con viños de adegas da provincia de Lugo
Camiñantes e Camiños de Barreiros remata o Camiño Francés cunha última etapa ata Santiago
A asociación realizará o percorrido o 24 de outubro tras completar oito etapas desde abril e ofrece a posibilidade de participar na viaxe, mesmo sen camiñar, para asistir á misa do peregrino na Catedral
Barreiros desafía aos corredores con 17 quilómetros polas abas do Monte Comado
A décima edición disputarase o 11 de outubro desde San Miguel de Reinante e limitará a participación a 150 corredores
O PP acusa o BNG de manter o PXOM de Barreiros "nun caixón" durante case oito anos
José Manuel Gómez Puente asegura que o expediente municipal segue traballando sobre a documentación presentada en 2018 e reclama buscar unha saída para as seis vivendas de Lóngara
Barreiros reunirá o domingo preto de 40 postos no Mercadiño no Outono
A Praza do Concello acollerá o domingo unha xornada con música, degustacións, obradoiros, actividades infantís e propostas vinculadas ao rural galego
A cestería tradicional reúne participantes nun curso de Mans Artesás en Vilamar
A iniciativa da Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegou coñecementos básicos deste oficio e permitiu elaborar pezas para diferentes usos
O desconto do parque de Mondigo comeza a chegar aos fogares entre preguntas da veciñanza
Recursos de Galicia informa de 342 solicitudes aceptadas e 20 pendentes, mentres o Concello de Trabada solicita unha reunión urxente ante as dúbidas trasladadas pola veciñanza
Trabada pide aclarar con urxencia as bonificacións eléctricas do programa Mondigo Beneficia
O alcalde trasladou as súas dúbidas á Xunta, Recursos de Galicia e Máis Enerxía Galega ante as diferentes condicións comunicadas á veciñanza
Olivia Canoura presenta en Foz un libro que pon voz á realidade da fibromialxia
A escritora e artista plástica de Barreiros abordará o 18 de setembro na Librería Bahía unha obra autobiográfica sobre o impacto da enfermidade e o proceso de reconstrución persoal
O Son Urbán encherá Barreiros de hip-hop, grafiti e música coa súa terceira edición
A Praza do Concello volverá reunir música en directo e diferentes expresións da cultura urbana nunha xornada aberta á mocidade e ao público en xeral
A Deputación de Lugo repartirá 72 novas emisoras de comunicación portátiles nos seis parques de bombeiros
Técnicos da institución provincial recolleron estes dispositivos que mellorarán as condicións de traballo dos 120 efectivos e a prestacións do servizo aos cidadáns
O Trail Monte Comado celebra a súa décima edición cun percorrido de 17 quilómetros
A proba sairá de San Miguel de Reinante e atravesará pistas e camiños forestais de Reinante e San Pedro de Benquerencia, cun máximo de 150 participantes
AGAFI reforza a súa presenza na Mariña cunha nova delegación en Barreiros
Olivia Canoura Rozas será a delegada da asociación na comarca e a presentación celebrarase o 17 de setembro cunha charla da terapeuta ocupacional Lucía Moreda
Rebuldeira Teatro de Sarria leva o seu teatro por Galicia este outono con dúas obras
A compañía percorrerá sete localidades entre setembro e novembro con ‘Vermello’ e ‘A desconfianza’, que se estreará en Sarria o 20 de setembro
Eventos
Viveiro acolle un obradoiro gratuíto para aprender a detectar noticias falsas e combater a desinformación
A xornalista Carmen Abuín impartirá a actividade o 10 de setembro no Salón Multiusos do Concello, con acceso libre e sen necesidade de inscrición previa
Cervo renova o Diploma de Ouro de Praias sen Fume con catro areais na rede galega
O Torno, A Caosa, Cubelas e Rueta forman parte da iniciativa coa que se busca fomentar hábitos saudables e reducir a presenza de fume e residuos de tabaco nos areais
O GDR Terras de Miranda impulsa na Mariña a transformación dos comedores escolares
Profesionais de centros de Barreiros, Lourenzá e Ribadeo participaron nun obradoiro para avanzar cara a menús máis saudables, sustentables e ligados aos produtos de proximidade
Barreiros incorpora dous robots cortacéspedes para os campos do Celta Barreiros e o Iberia
Os novos equipos facilitarán o coidado dunhas instalacións que acollen durante todo o ano competicións, escolas deportivas, campus e outros eventos
Barreiros acollerá un obradoiro para impulsar menús escolares máis saudables e sustentables
A formación desenvolverase o 3 de setembro nas Escolas e no CEIP de San Cosme e abordará a planificación de menús, os escandallos e os custos nos comedores escolares
O Teleclub de San Cosme afronta unha reforma con boa parte das obras aínda por executar
Os traballos atópanse aínda nas primeiras fases, con demolicións e o illamento da fachada, nun proxecto que transformará o inmoble nun espazo de coworking, asociacionismo e actividade social
O PP de Barreiros apoia ás familias de Lóngara e esixe acelerar o PXOM
Os populares sosteñen que os propietarios actuaron de boa fe e con licenzas municipais e reprochan ao BNG que, tras sete anos no goberno, non culminase o novo planeamento










