Barreiros desafía aos corredores con 17 quilómetros polas abas do Monte Comado

AMariñaXa
A décima edición disputarase o 11 de outubro desde San Miguel de Reinante e limitará a participación a 150 corredores
Trail-Monte-Comado-2026
10 Oct 2026

O Monte Comado volverá converterse nun dos escenarios deportivos de Barreiros coa décima edición do trail que leva o seu nome. A proba celebrarase o domingo 11 de outubro e propoñerá aos participantes un percorrido de aproximadamente 17 quilómetros por pistas e camiños forestais, cun desnivel positivo acumulado de 1.000 metros.

A carreira arrancará ás 10.00 horas nas inmediacións da igrexa de San Miguel de Reinante, xunto á pista de pádel, onde tamén estará situada a meta. Desde alí, os corredores percorrerán as abas do Monte Comado por zonas de Reinante, San Pedro de Benquerencia e San Miguel de Reinante.

O trail contará con categorías sénior, veterana e veterana +, ademais dunha clasificación absoluta. Os tres primeiros de cada categoría recibirán premio e tamén haberá recoñecementos para os vencedores absolutos masculino e feminino.

A cita será a quinta proba do circuíto Máis Km Barreiros e disporá de cronometraxe con chip. Haberá un avituallamento líquido e sólido no quilómetro 9 e outro na chegada.

O X Trail Monte Comado está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado e o Concello de Barreiros. A proba contará con Protección Civil, ambulancia medicalizada e duchas no campo de fútbol das Valgas. Como peche da xornada, ofreceranse pinchos aos participantes e acompañantes.

PROGRAMACIÓN

0.145094871521