Novas de Barreiros
O pavillón municipal de Barreiros renova o seu marcador e mellora a pista de xogo
A instalación incorpora un novo sistema electrónico multideportivo e un círculo central adaptado á normativa do fútbol sala
Barreiros acollerá o exame para a certificación galega en competencias dixitais ComDix
A proba de nivel iniciación celebrarase o 25 de febreiro na aula CeMIT do Teleclub de San Cosme
Licitan a ampliación e mellora enerxética do colexio San Miguel de Reinante, en Barreiros
A actuación, cun investimento próximo aos 400.000 euros, executarase ao longo de 2026 dentro do Plan de nova arquitectura pedagóxica
Barreiros abre o ano cunha carreira e andaina solidaria de Reis
A iniciativa deportiva e solidaria celebrarase o 4 de xaneiro e destinará as achegas á asociación Somos Unidos por el Cáncer
Barreiros reforza o servizo de préstamo de material sociosanitario para a atención no fogar
O Concello amplía o equipamento dispoñible grazas á colaboración coa Deputación Provincial
Mantoño Holstein abre as súas portas ao alumnado no programa Da Escola á Granxa
Medio cento de escolares de San Miguel de Reinante coñecen en Barreiros o día a día dunha granxa leiteira de referencia na provincia
Viveiro e a Mariña reciben un amplo recoñecemento ao labor da Protección Civil en Galicia
A entrega das Medallas ao Mérito pon en valor a dedicación, a solidariedade e o compromiso dos voluntarios e voluntarias do territorio
Rúas e prazas da Mariña lucense encheranse de festa
Concursos, papanoeladas e mercados animarán, entre outros, un Nadal cargado de diversión e sorpresas para todos os públicos
Barreiros pon en marcha a Carreira e Andaina Solidaria de Reis para comezar o ano con deporte e compromiso social
A cita celebrarase o 4 de xaneiro e recadará fondos para a asociación “Somos Unidos por el Cáncer”, cun novo percorrido pola contorna natural do municipio
A Biblioteca de Barreiros celebra un premio María Moliner polo seu labor de fomento da lectura
O municipio recibirá 2.777,77 euros por un proxecto destacado entre os mellores de Galicia
A Deputación financiará a rehabilitación da antiga escola de Vilamartín Grande para convertela en local social
O proxecto permitirá recuperar o edificio de 1956 e poñelo a disposición da veciñanza como espazo de encontro e actividades culturais
O Centro Cívico de Xove acolle o cuarto sorteo da campaña comercial da Mariña
A FCAM entregou novos vales de compra nun acto que contou coa presenza de destacados xornalistas nacionais
Barreiros enfróntase a novas queixas pola turbidez da auga en San Miguel
O PP reclama explicacións ao goberno local ao acumularse varios días de incidencias sen información oficial para a veciñanza
Xove acolle este sábado o cuarto sorteo da campaña “De compras polo comercio da Mariña Lucense”
A FCAM repartirá 500 euros en vales e contará coa presenza de recoñecidos xornalistas que visitarán Viveiro e Xove durante a fin de semana
O Concello de Barreiros impulsa os certames infantís de Nadal de debuxo e poesía
A Biblioteca Pública anima á participación da mocidade cunha proposta creativa aberta a diferentes idades
A asociación O Arco da Vella renova a súa dirección tras 45 anos coa elección de Laura Teijeira como nova presidenta
Sete mozos e mozas tomarán o relevo de Enrique Penabad nunha etapa marcada pola ilusión, a continuidade e importantes retos culturais
Viveiro e Xove énchense de comercio e visibilidade coa nova campaña da FCAM
A iniciativa da FCAM sorteará 500 euros en vales de compra e traerá á comarca a coñecidos profesionais da comunicación para promover o pequeno comercio e o turismo local
Eventos
OcioenGalicia
Ainhoa Arteta en concierto en Compostela
OcioenGalicia
Concierto de Yerai Cortés en Pontevedra
OcioenGalicia
Golfa, Tributo a Extremoduro en A Coruña
OcioenGalicia
Concierto de Solos en A Coruña
OcioenGalicia
Mardi Gras Rock Jam
Miriam Folgueira e David Martínez Rodil coróanse campións do circuíto +KmsBarreiros 2025
A cuarta edición do programa deportivo pechouse coa carreira “Ao Son do Masma”, celebrada en Celeiro de Mariñaos, e consolídase como un referente na Mariña e no occidente asturiano.
O Concello de Barreiros inicia novas obras en San Cosme para mellorar a rede de abastecemento de auga
A actuación substituirá un tramo antigo de fibrocemento por tubaxes de PVC de maior capacidade, aumentando o caudal e a eficiencia do servizo
Club Parapente Ferrol: A emoción de voar na Mariña
O club celebra dúas décadas de voo, unindo formación e paixón por sobrevoar A Mariña desde Monte Comado ata Mondoñedo
Barreiros proxecta a película “Prefiro Condenarme” dentro das accións contra a violencia machista
O Concello suma á súa programación de novembro a obra de Margarita Ledo e promove outras iniciativas de sensibilización como un punto lila e unha exposición feminista
Barreiros recupera a tradicional comida da terceira idade como homenaxe á veciñanza maior
O Concello organiza o 27 de novembro un xantar con música e festa despois de seis anos sen celebrarse, cun prezo simbólico para contribuír aos custes do evento
O Concello de Barreiros renova o apoio á asociación O Arco da Vella cun convenio de 2.000 euros
O acordo, asinado pola alcaldesa Ana Ermida e o presidente Enrique Penabad, reforza a colaboración para divulgar o folclore e a cultura galega no municipio
Barreiros instala tres mini puntos limpos para reforzar a reciclaxe nos núcleos de San Cosme e San Miguel
As novas instalacións, situadas preto das vivendas sociais, o Teleclub e o aparcadoiro do Souto, permiten depositar pequenos residuos electrónicos, pilas e cápsulas de café




