AMariñaXa
O Concello de Ribadeo ofrece poda gratuíta de palmeiras para o XI Ribadeo Indiano
A campaña recolle follas de palmeira de fincas privadas para a decoración da vila e anima á veciñanza a colaborar de cara á cita, que se celebrará do 10 ao 12 de xullo
Barreiros ofrecerá este verán quince visitas guiadas para descubrir o seu patrimonio natural, cultural e histórico
A sexta edición de "Barreiros queda en ti" desenvolverase durante xullo e agosto con seis propostas gratuítas en diferentes puntos do municipio
Os museos provinciais celebran o seu vinte aniversario como rede cunha ampla axenda de actividades
A programación incide na apertura dos museos a todos os públicos, e especialmente as máis novas e novos
Trabada renova un local veciñal cun investimento de preto de 35.000 euros
O Concello acomete melloras no edificio e na súa contorna para reforzar os espazos de encontro das parroquias
Viveiro arranca o Resurrection Fest 2026 cunha edición histórica de catro días e grandes lendas do metal e o rock extremo
Do 1 ao 4 de xullo, o festival converte A Mariña no epicentro mundial do metal, o punk e o hardcore cun cartel multitudinario e máis de cen actuacións
A eclipse solar inicia en Foz a súa ruta divulgativa pola provincia de Lugo
A Deputación achega información científica en dez concellos e repartirá 35.000 lentes homologadas para observar con seguridade o fenómeno do 12 de agosto
O Colexio de Xornalistas de Galicia impulsa en Barreiros un obradoiro de alfabetización mediática contra a desinformación
A actividade, gratuíta e aberta á cidadanía adulta, terá lugar o 30 de xuño no Centro Sociocultural de San Cosme e estará impartida pola xornalista Carmen Quintela
A música africana e a solidariedade daranse a man en Burela co concerto de Aba Taano
O Auditorio Municipal acollerá o 21 de agosto a actuación do recoñecido grupo ugandés para apoiar o labor da ONG Música para Salvar Vidas
A Xunqueira Fest estrearase o 1 de agosto cunha aposta pola música electrónica e o talento galego
O evento, de acceso gratuíto, combinará actuacións de DJs, oferta gastronómica, servizo de bebidas e actividades vinculadas ás festas da parroquia
O focense Alberto Cabo Ilie coróase campión de España de kickboxing
O deportista focense conquista o título nacional na modalidade Low Kick -75 e o Concello destaca o seu esforzo, así como o labor formativo do club Ari Foz Contact
GaliciaXa
As Medallas Castelao recoñecen o talento galego con Adrián Ben como referente lucense
O atleta de Viveiro foi distinguido xunto á científica Mar Capeáns, o músico Esteban Batallán, a empresaria María Barallobre e a Fundación Andrea
LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
A Praza de San Marcos reivindica en Lugo os dereitos LGTBI
Seis medallas impulsan ao Club Remeros del Eo antes do Campionato Nacional
A entidade asinou en Navia dous ouros e catro pratas no Campionato de Asturias de Remo Olímpico
GaliciaXa
Cae o número de rupturas matrimoniais no primeiro trimestre do ano con relación ao pasado
En Galicia contabilizáronse 41 demandas por cada 100.000 habitantes e, no Estado, 42,4
Burela programa un verán con deporte e actividades de lecer para todas as idades
O Concello abrirá o 29 de xuño as inscricións para un programa que inclúe xogos na praia, sendeirismo, surf, baloncesto e diferentes torneos deportivos
A Ruta Indiana de Ourol 2026 abre o seu prazo de inscricións a partir do 20 de xullo
O Concello anima á participación nunha nova edición desta actividade cultural e turística xa consolidada no municipio
A memoria viva de Mauro Leivas toma forma nunha asociación
A entidade, creada poucos meses despois do falecemento do artista mindoniense, busca preservar a súa obra e activar novas iniciativas culturais
A final estatal da Olimpíada Matemática pecha en Lugo con premios e convivencia
O certame celebrouse por primeira vez na provincia, con probas en Lugo e Mondoñedo e unha programación complementaria arredor do patrimonio e da cultura
A ruta Pena Abaladoira-Fervenza de Escouridal mellorará a súa accesibilidade con preto de 15.000 euros
A actuación permitirá renovar a sinalización, actualizar os paneis informativos e incorporar recursos dixitais para facilitar a visita a este espazo natural de Alfoz
Foz reforza o servizo de socorrismo nas praias con máis persoal e horario ampliado
O dispositivo estará activo ata mediados de setembro e contará cun equipo previsto de 21 profesionais entre socorristas e auxiliares
O Concello de Trabada avanza na mellora de infraestruturas e vías de comunicación con actuacións en Vilaformán
O Concello completa obras no teleclub, melloras de seguridade e actuacións na estrada LU-P-6102
Cervo acollerá a III Carreira de Andadura na pista ecuestre da Bidueira o 11 de xullo
A proba reunirá competición, tradición e convivencia con categorías para todas as idades
Abre hoxe a piscina de Riotorto para a tempada de verán
Permanecerá aberto ata o mes de setembro, concretamente o día 6
O Valadouro acollerá unha nova campaña de doazón de sangue o vindeiro 30 de xuño
A unidade móbil instalarase no Parque Concepción Arenal para facilitar a participación da veciñanza nesta iniciativa solidaria



