Lourenzá pon rumbo ás festas de Santa Filomena cun programa para tres días

AMariñaXa
San Adriano abrirá as celebracións cunha pulpada e churrascada antes dunha fin de semana protagonizada pola música e a tradición
fogos-artificiais-festas-patronais
Foto recurso
31 Aug 2026

San Adriano, en Lourenzá, xa ten todo preparado para celebrar as festas na honra a Santa Filomena, que este ano se estenderán durante tres días, do venres 4 ao domingo 6 de setembro. A localidade ofrecerá unha programación na que se darán cita a gastronomía, a tradición e, especialmente, a música.

A apertura das celebracións terá lugar o venres 4 a partir das 21.30 horas cunha gran pulpada e churrascada, servida nas mesas por Pulpería Suso e Bar A Oficina. Despois da cea chegará a primeira gran noite musical, coa verbena amenizada polas orquestras Principal e Saudade.

O sábado 5, o programa comezará ás 13.30 horas coa misa solemne. A festa trasladarase despois á sesión vermú, que estará protagonizada pola orquestra Magos. Esta formación repetirá actuación pola noite, cando compartirá escenario con Trébol nunha nova verbena.

A última xornada, o domingo 6, manterá o carácter tradicional da celebración. Ás 13.30 horas terá lugar a misa solemne e, posteriormente, o grupo de baile da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá será o encargado de abrir a sesión vermú. A música continuará coa orquestra Pontevedra.

Pontevedra volverá actuar pola noite na verbena que pechará as festas, nesta ocasión acompañada polo Dúo Épo-K. Será o punto final a unha fin de semana na que San Adriano volverá reunir veciñanza e visitantes arredor dunha das súas celebracións máis esperadas.

Ademais, o campo da festa estará cuberto por unha gran carpa, polo que a programación poderá desenvolverse protexida das posibles inclemencias meteorolóxicas.

PROGRAMACIÓN

0.15348815917969