AMariñaXa
AMariñaXa
Burela abre as inscricións para os cursos de bolillos e bordado do novo curso
As persoas interesadas en aprender ou perfeccionar estas técnicas artesanais poderán anotarse na Casa do Concello en horario de mañá
O Castelo de Castrodouro acollerá unha xincana con probas de escape room e retos creativos
A actividade está dirixida a maiores de 13 anos e reunirá cinco equipos de seis persoas para superar diferentes desafíos de enxeño e cooperación
Centos de persoas apoian en Barreiros ás familias dos seis chalés ameazados de derruba
Os afectados reuníronse diante da Casa do Concello baixo o lema "Hai solución sen demolición" e reclamaron ás administracións que traballen de maneira conxunta para buscar unha alternativa
GaliciaXa
A Deputación de Lugo lembra o seu compromiso firme coa rede de residencias fronte á "falta de resposta da Xunta"
Sobre os prezos públicos, Rivera Capón lembrou que os 2.200 euros son un prezo de referencia, non o que paga cada residente; a achega se calcula segundo a capacidade económica e patrimonial
A estrada da Barxa, en Xove, pechará ao tráfico polos traballos de mellora da ponte
Os traballos xeotécnicos obrigarán a interromper a circulación para permitir o acceso da maquinaria, aínda que se manterá a entrada ás dúas vivendas da zona
Unha vintena de nenos e nenas participan no Curso de Verán de Pádel
A actividade desenvolveuse durante os meses de xullo e agosto coa finalidade de achegar este deporte aos máis pequenos e ofrecer unha alternativa de lecer activo
O Teatro das Cortes do Vicedo recibe o Premio Son d’aldea pola súa aposta pola cultura no rural
O galardón recoñece a transformación dunha antiga corte de vacas nun espazo cultural que acolle teatro, concertos, exposicións e actividades formativas
O UD Xove Lago e o CD As Pontes disputarán o XXXVI Torneo Concello de Xove
O encontro celebrarase este domingo 30 de agosto ás 19.00 horas no Campo Municipal de Xove
A petanca volverá a reunir aos seus afeccionados en Foz coa segunda edición do Torneo Praia da Rapadoira
O Club Praia da Rapadoira organiza unha nova cita deportiva no Parque Uxío Novoneyra o 29 de agosto, nunha xornada que combinará competición, compañeirismo e actividades para todos os participantes
Mägo de Oz porá o broche ás Festas Patronais de Ribadeo cun concerto gratuíto
As celebracións reunirán durante varios días música, tradición, deporte e propostas infantís, con fogos artificiais na véspera da Patroa e grandes verbenas
Ribadeo recupera as pistas forestais de Cedofeita e Piñeiro afectadas polos incendios de 2023
Os traballos forman parte dun plan para rehabilitar os accesos deteriorados tras o lume, que arrasou 2.750 hectáreas, e facilitar a circulación dos vehículos forestais
O BNG de Viveiro propón unha ordenanza contra o ruído para mellorar a convivencia
A formación quere regular os ruídos relacionados coa hostalería, terrazas, obras, tráfico, festas e outras actividades e propón que o borrador estea listo nun máximo de seis meses
As familias dos seis chalés de Barreiros mobilízanse baixo o lema "Hai solución sen demolición"
A protesta será este 28 de agosto ás 18.00 horas diante do Concello e os afectados reclaman que todas as administracións implicadas traballen conxuntamente para buscar unha saída
GaliciaXa
A tormenta deixa máis de 1.000 raios, fortes choivas e un acusado descenso das temperaturas en Galicia
As precipitacións provocaron tamén inundacións puntuais en varias rúas da cidade da Coruña, incluído o paseo marítimo, e afectaron o recentemente inaugurado mercado de Monte Alto
Ribadeo despide agosto sobre dúas rodas cunha nova edición do Día da Bicicleta
A concentración será ás 10.30 horas diante do Pazo de Ibáñez e a ruta partirá ás 11.00 horas, cun sorteo de agasallos ao finalizar
A Festa Normanda de Foz regresa con catro días de recreacións, música e espectáculos
O Ataque Normando, o funeral con lume e pirotecnia, o mercado, os pasarrúas e as demostracións históricas protagonizarán a décimo cuarta edición
Vilanova de Lourenzá prepara un novo Conde Santo
Claxxon, D-Kriss, Cinema, Mar de Arousa e o Dúo Epo-K forman parte do cartel dunha edición que se celebrará entre o 28 e o 31 de agosto
Cervo inviste máis de 257.000 euros na mellora integral da pista entre Pedrosa e Viladesuso
A actuación inclúe a renovación das redes de abastecemento e saneamento, novas acometidas domiciliarias e a pavimentación completa do vial
O PSdeG denuncia un ataque con pintadas ofensivas contra a súa sede do Vicedo
A formación presentou unha denuncia ante as forzas de seguridade e lembra que o pasado 14 de agosto a Casa do Pobo de Foz tamén sufriu un acto vandálico coa rotura dun dos seus cristais
Pantallas Sonoras une música e audiovisual en Burela e estrea o seu concurso de videoclips galegos
O ciclo desenvolverase do 2 ao 5 de setembro con proxeccións, coloquios e concertos e culminará no festival Osa do Mar coa final dun certame que recibiu preto de 100 obras
Xove abre as inscricións no programa de madrugadores 'Xovesperta' para o novo curso
O servizo está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos do CEIP Pedro Caselles Rollán e funcionará desde as 7.00 horas ata o inicio das clases
Mondoñedo acollerá un curso sobre xestión forestal sostible e prevención de incendios
A formación desenvolverase os días 14, 15 e 16 de setembro no IES San Rosendo A Granxa e as preinscricións poden realizarse a través da Oficina Virtual do Medio Rural
Alfoz despide a tempada da piscina municipal cunha festa para toda a familia
A xornada contará con música e un castelo inchable, aínda que as instalacións permanecerán abertas ata o 31 de agosto
Burela cede un local á Federación Galega de Fútbol para achegar os seus servizos á Mariña
O novo espazo permitirá organizar formación, cursos e reunións e facilitará servizos a clubs, adestradores, árbitros e deportistas da comarca sen necesidade de desprazarse




