Ourol contará co servizo do CIM Móbil para previr a violencia de xénero

AMariñaXa
A unidade itinerante instalarase na explanada do Concello para ofrecer información e asesoramento en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero
CIM MÓBIL
25 Oct 2026

O Concello de Ourol contará o próximo 27 de outubro coa presenza do CIM Móbil, unha unidade itinerante destinada a achegar á cidadanía información e asesoramento especializado en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero.

A unidade estará instalada durante a xornada na explanada do Concello, facilitando así o acceso da veciñanza aos recursos e servizos relacionados con estas áreas.

A actividade está integrada nas iniciativas impulsadas no ámbito da igualdade e da prevención da violencia de xénero, segundo informan os Servizos Sociais do Concello de Ourol.

0.15287518501282