Foz elixirá este sábado a raíña ou rei do Entroido 2027

Foz
AMariñaXa
O acto terá lugar na Sala Bahía a partir das 20.00 horas e incluirá un monólogo de Marcos Pereiro, música da orquestra Dinastía e unha sesión con DJ
Dereck-rei-entroido-Foz-2025
23 Oct 2026

Foz celebrará este sábado, 24 de outubro, a elección da raíña ou rei do Entroido 2027. A cita será na Sala Bahía a partir das 20.00 horas e servirá para escoller a persoa que representará unha das festas máis destacadas da Mariña nos vindeiros meses.

A programación comezará cun monólogo de Marcos Pereiro, coñecido polo seu personaxe de Nucha, das pandeireiteiras de Ardebullo, así como pola súa traxectoria noutros ámbitos da cultura galega. A continuación, as persoas candidatas presentarán as súas propostas e explicarán os motivos polos que aspiran a converterse na máxima representación do Entroido focense.

Unha vez rematadas as intervencións, o público poderá coñecer o resultado da votación, que determinará quen asumirá o título de raíña ou rei do Entroido 2027. A xornada completarase coa música da orquestra Dinastía e unha sesión con DJ.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anima a veciñanza a participar nesta celebración, que permitirá escoller a figura encargada de representar o Entroido de Foz durante os próximos meses.

0.16007018089294