Paula Carballeira levará os seus "Contos de medo... ou non" ao Valadouro

AMariñaXa
A narradora galega ofrecerá o venres 23 de outubro, ás 20:00 horas, un espectáculo na Casa da Cultura que anticipará a chegada do Samaín
medo-ou-non-Paula-Carballeira
23 Oct 2026

A Casa da Cultura do Valadouro acollerá este venres 23 de outubro unha sesión de narración oral protagonizada por Paula Carballeira, que presentará o espectáculo "Contos de medo... ou non", unha proposta para achegarse ás historias de misterio e terror desde o humor e a imaxinación.

A actividade comezará ás 20:00 horas e servirá como preludio do Samaín, cunha sesión na que os relatos están pensados non só para provocar medo, senón tamén para axudar a superalo. As historias combinan momentos de risa con ese arrepío que aparece ao lembrar certos contos cando chega a noite.

A iniciativa forma parte do programa "Ler Conta Moito", impulsado pola Xunta de Galicia para promover a lectura e divulgar a actividade das bibliotecas.

0.24415516853333