Novas de Ourol
O incendio forestal de Merille, en Ourol, queda estabilizado tras afectar unhas 50 hectáreas
O incendio comezou ás 17.02 horas do martes e no operativo de extinción participaron 2 técnicos, 22 axentes, 23 brigadas, 20 motobombas, 4 pas e 2 helicópteros.
A Pontenova recibe 250.000 euros para mellorar a escola de Vilaodriz, camiños e o depósito de Vileimil
O convenio permitirá actuar no local social de Vilaodriz, acondicionar dous camiños en Cova e Peizais e impermeabilizar o depósito de auga de Vileimil, ademais de financiar outros investimentos municipais
Ourol ofrece ximnasia e obradoiros de memoria para fomentar o envellecemento activo
As propostas son gratuítas para as persoas maiores empadroadas no municipio e o prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 29 de setembro
A Deputación mobiliza máis de 760.000 euros para actuacións na Pontenova, Lourenzá, Foz e Burela
Os acordos inclúen melloras en estradas e edificios públicos, novo mobiliario urbano e apoio á celebración do festival burelao do 2 ao 6 de setembro
A Deputación inicia a mellora de máis de tres quilómetros da estrada que une Bravos e San Pantaleón en Ourol
Os traballos inclúen a limpeza e reapertura de cunetas, a reparación de danos e a repavimentación dun treito da vía que pasa por Foxo
Controlados os incendios de Monfero, Guitiriz e Taboada e estabilizado o de Ourol
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal
O lume declarado en Ourol obriga a protexer gando e vivendas próximas
O lume iniciouse xunto á LU-540, na parroquia de Merille, e mobilizou un amplo dispositivo aéreo e terrestre para frear o seu avance
A Ruta Indiana volverá percorrer Ourol durante a primeira fin de semana de agosto
A actividade, que se celebrará os días 1 e 2 de agosto en autobús de época, volverá achegar aos participantes o legado histórico e arquitectónico da emigración indiana
'Saberes do Monte' bota a andar para impulsar a conservación e o desenvolvemento sostible
O proxecto desenvolverase ata 2028 en áreas piloto como Os Ancares, O Courel, Negueira de Muñiz ou a Serra do Xistral, combinando a protección da biodiversidade co apoio ás actividades tradicionais do rural
Ourol prepara tres intensas xornadas festivas na honra á Nosa Señora
As festas patronais, que se celebrarán os días 8, 9 e 15 de agosto, inclúen un xantar popular, verbenas con recoñecidas formacións e os actos relixiosos en honor á patroa
A Xunta achega 506.000 euros ao obradoiro dual de emprego Terras do Sor VIII, que comparten O Vicedo, Muras e Ourol
O programa, con 20 prazas, ofrece formación en carpintería, moble e conservación forestal e desenvolverá actuacións de interese público nos tres concellos
Ourol prepara a contratación de persoal para reforzar a campaña de prevención de incendios forestais
O Concello cubrirá sete postos temporais vinculados á brigada e ao servizo de motobomba durante tres meses
Ourol acollerá en xullo unha unidade móbil para a inspección de vehículos agrícolas
O servizo permitirá realizar a revisión técnica obrigatoria sen necesidade de desprazarse a outras localidades
A Deputación impulsa novos investimentos en Trabada e Ourol para mellorar servizos e infraestruturas municipais
Os convenios aprobados permitirán actuar en instalacións deportivas, accesos a núcleos rurais e elementos do patrimonio tradicional cun investimento superior aos 365.000 euros
O Festival Aturuxo quenta motores cunha festa de presentación en Sargadelos
A cita servirá para desvelar a imaxe da décimo cuarta edición e avanzar os detalles dun evento que volverá reunir música e cultura en Bravos os días 17 e 18 de xullo
Ourol abre o prazo de inscrición para a Ludoteca de Verán, destinada a nenos e nenas de 4 a 12 anos
O programa desenvolverase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto no Pavillón Municipal e incluirá un servizo de conciliación en horario previo
Ourol abre a preinscrición para cubrir dúas vacantes na Casa Niño Paxariños
As familias interesadas poderán presentar as solicitudes ata o 12 de xuño para acceder ao servizo de atención á primeira infancia situado no antigo colexio Vicente Casavella
Eventos
Ourol promoverá unha charla para reforzar a comunicación e o acompañamento nas familias
A actividade, incluída no programa Educando en Familia, celebrarase o 6 de xuño no antigo colexio da localidade
Sabela e Vimbio, principais novidades do Festival Aturuxo 2026 en Bravos
A cantante Sabela e a banda Vimbio protagonizan as grandes apostas musicais da décimo cuarta edición do encontro de Ourol, que se celebrará os días 17 e 18 de xullo
Esta fin de semana celebrase en Losa o encontro de pobos de San Pantaleón
Ourol participa na cita cultural con transporte gratuíto e aloxamento incluído para a veciñanza
Ourol acollerá un obradoiro de cociña creativa para promover hábitos saudables entre a veciñanza
A actividade, dirixida a persoas adultas, combinará receitas nutritivas, inspiración artística e propostas culinarias sinxelas para preparar tamén no fogar
O ourolés Francisco Rodríguez sobe ao podio europeo da loita de brazos en Budapest
O deportista mariñán, actual campión de España, logrou o terceiro posto no Campionato de Europa na categoría máster de menos de 80 quilos
Bravos dinamiza a súa actividade social cun minibar e varias propostas culturais en maio
A iniciativa impulsada por ACRD Aturuxeiros de Bravos combina gastronomía, artesanía, música e literatura ao longo de tres xornadas
Últimos días para anotarse á viaxe de Ourol ao encontro de San Pantaleón
O Concello facilita transporte gratuíto e ofrece aloxamento con pensión incluída nunha viaxe programada para finais de maio








