Ourol acollerá en xullo unha unidade móbil para a inspección de vehículos agrícolas

O Concello de Ourol contará o vindeiro mes de xullo cunha unidade móbil destinada á realización das inspeccións técnicas periódicas dos vehículos agrícolas. A iniciativa facilitará aos propietarios deste tipo de maquinaria o cumprimento das obrigas regulamentarias sen ter que abandonar o municipio.
O servizo prestarase o día 16 de xullo de 2026 na Praza do Concello, onde os técnicos atenderán aos usuarios entre as 9.00 e as 13.30 horas. A medida busca achegar este trámite aos profesionais e particulares que empregan vehículos agrícolas na súa actividade diaria.
Desde a organización lembran a importancia de manter ao día estas revisións, fundamentais para garantir a seguridade dos vehículos e o cumprimento da normativa vixente.
As persoas interesadas en realizar a inspección deberán solicitar cita previa. As reservas poden efectuarse a través do teléfono 981 92 80 80 ou mediante a páxina web de Sycitv.