Novas de O Valadouro
O Seminario de Estudos do Valadouro presenta na Coruña o seu caderno número 20
A obra, asinada por Antón Xosé Meilán García e Carlos López Fernández, darase a coñecer o 18 de novembro na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña
A Oficina Móbil de Retorno da Xunta atenderá no Valadouro o 13 de novembro
O servizo estará na Praza de Santa María, de 9.00 a 14.00 horas, e ofrecerá atención personalizada con cita previa
Unha vintena de obradoiros de artesanía chegarán á provincia de Lugo en novembro co programa Mans Artesás
A deputada Iria Castro participou na clausura do curso de cestería impartido por Beatriz Valín en Labio, unha iniciativa que achega os oficios tradicionais ás asociacións culturais e veciñais
O Enduro Alfoz-Valadouro regresa o 15 de novembro coa Liga da Moto
A proba, puntuable para o Trofeo Café Candelas e a Liga da Moto, desenvolverase nos municipios de Alfoz e O Valadouro e xa ten aberto o prazo de inscrición
O Valadouro esixe ao Sergas cubrir as dúas prazas de médico do centro de saúde
A corporación apoiou unha moción do BNG para reclamar a restitución dos profesionais e tamén pediu explicacións pola celebración das festas na Praza de Santa María antes de recibir as obras
A Deputación investirá máis de 250.000 euros na mellora dunha estrada do Valadouro
As obras abranguerán todo o trazado da vía que une a LU-P-0101, á altura da capela de Santa Filomena do Cadramón, co repetidor de RTVE da parroquia e terán un prazo de execución de catro meses
O Valadouro cortará varias rúas desde o 5 de outubro por obras na rede de saneamento
Os cortes afectarán á rúa Xistral, á rúa José Antonio Ferreiro González e ao acceso da rúa Fonte Nova, e manteranse ata o remate dos traballos
Ó Compás do Río Ouro consolida o seu proxecto musical e cultural no Valadouro e Alfoz
A asociación cultural fai balance do seu primeiro ano e medio de actividade e prepara o novo curso da súa escola de música, con medio cento de alumnos
Alfoz e O Valadouro volverán unirse a través do deporte coa quinta edición da súa Carreira Popular
A xornada incluirá unha andaina, a proba absoluta entre os dous municipios e carreiras para as categorías menores, con inscricións abertas ata o 1 de outubro
A veciñanza do Valadouro denuncia microcortes de luz case diarios e reclama unha solución urxente
As interrupcións prodúcense de maneira reiterada en diferentes puntos do municipio e os afectados piden revisar a rede, aclarar as causas e concretar as medidas para acabar co problema
Ferreira do Valadouro acollerá dous días de competición coa terceira edición do Torneo de Fútbol Base
As categorías prebenxamín e benxamín competirán o sábado, mentres que o domingo estará reservado para os equipos alevíns
O 9 de setembro será festivo no Valadouro nun pleno que acabou coa expulsión do portavoz do BNG
A Corporación deixou sobre a mesa o nome do paseo fluvial para recuperar unha proposta de homenaxe a Xosé Vizoso, mentres o PP rexeitou a moción nacionalista sobre camiños e actividade madeireira
Ferreira do Valadouro prepárase para catro xornadas de festa coa celebración das Festas do Oito
Do 4 ao 7 de setembro, a vila reunirá verbenas, sesións vermú, gastronomía, música tradicional, tardeo e propostas para o público infantil
O Compás do Río Ouro abre a súa Escola de Música a alumnado de todas as idades
A asociación cultural ofrece formación desde os 4 anos e permite iniciarse en instrumentos de vento, percusión, saxofón, violín ou piano, entre outras opcións
Ferreira do Valadouro celebrará as Festas do Oito do 4 ao 7 de setembro con música, gastronomía e actividades
A programación incluirá unha mexillonada popular, cea de confraternidade, actuacións musicais, verbenas e unha xornada especial dedicada aos máis pequenos
A Concentración de Motos Valadouro celebrará o seu 30 aniversario durante tres días en 2027
A cita desenvolverase do 30 de abril ao 2 de maio con rutas, concertos, restauración, zona de acampada, trofeos e diferentes sorpresas
Cervo e O Valadouro volverán reunirse na Punta da Carretera cunha xornada de música e gastronomía
A celebración contará con sesión vermú, comida campestre, música do Dúo Eclipse, inchables e unha degustación gratuíta de produtos de porco celta
Eventos
O Valadouro reúne seis grupos na XL Semana do Teatro Amador
A programación desenvolverase do 29 de agosto ao 3 de setembro con funcións diarias e entrada de balde no salón de actos do Centro Sociocultural Manuel Lourenzo
As Festas do Oito encherán Ferreira do Valadouro de música e gastronomía durante catro días
As celebracións desenvolveranse do 4 ao 7 de setembro cun programa que inclúe verbenas, sesións vermú, unha mexillonada popular, tardeo e actividades infantís
As obras de humanización da praza de Santa María de Ferreira chegan ao 50 % de execución
A pavimentación estará previsiblemente rematada a comezos de setembro e posteriormente instalaranse o novo alumeado e o mobiliario urbano
O Valadouro abre o prazo para solicitar libros de texto para o curso 2026-2027
O Banco de Libros está dirixido ao alumnado de primeiro a sexto de Primaria do CEIP Santa María e as solicitudes poderán presentarse ata o 21 de agosto
Santa Cruz do Valadouro celebra San Roque coa súa tradicional churrascada baixo o carballo
A cita será o domingo 23 de agosto e combinará misa e procesión, gastronomía, xogos populares e música ao longo de toda a xornada
O SEVA presentará no Castelo do Castrodouro unha nova publicación dedicada á pintura
O acto cultural terá lugar o 8 de agosto e servirá para dar a coñecer o décimo oitavo caderno editado polo Seminario de Estudos do Valadouro
PSdeG e BNG forzan un Pleno extraordinario no Valadouro para pedir explicacións sobre a situación económica municipal
A sesión celebrarase o 18 de agosto e incluirá tamén o debate dunha moción contra o peche de camas no Hospital da Costa











