María José Fernández non repetirá como candidata no Valadouro en 2027 e UDIVAL desaparecerá

AMariñaXa
A exalcaldesa confirma a este medio que non concorrerá aos próximos comicios e que a formación independente coa que chegou á Alcaldía deixará de existir
concello-do-valadouro
3 Sep 2026

María José Fernández Díaz non se presentará ás próximas eleccións municipais de maio de 2027 no Valadouro. A exalcaldesa e concelleira de UDIVAL confirmou a este medio a súa decisión de non concorrer novamente aos comicios e avanzou tamén que a formación independente desaparecerá.

A decisión pecha así a etapa electoral de UDIVAL, partido co que Fernández chegou á Alcaldía do Valadouro ao comezo do actual mandato. A concelleira, con todo, manterá a súa acta e continuará formando parte da Corporación municipal ata que conclúa o período 2023-2027.

Fernández foi investida alcaldesa en xuño de 2023 grazas ao apoio dos concelleiros do PSdeG-PSOE. Pouco máis dun ano despois, en setembro de 2024, presentou a súa renuncia á Alcaldía alegando unha "total perda de confianza" nos edís socialistas que facilitaran a súa investidura.

A súa saída produciuse no medio dunha importante reordenación do goberno municipal. Fernández cesou das súas funcións os representantes do PSdeG-PSOE e do BNG que ocupaban tenencias de alcaldía e outras responsabilidades delegadas,
cedendo a vara de mando e facilitando a investidura do candidato do Partido Popular, José Manuel Lamela Piñeiro, que encabezara a lista máis votada nas eleccións municipais de 2023.

Aquel movemento abriu o camiño para un cambio á fronte do Concello. Lamela encabezara nas eleccións municipais de maio de 2023 a candidatura máis votada e pasou a optar á Alcaldía tras a renuncia de Fernández.

Pese a abandonar a Alcaldía, María José Fernández decidiu conservar a súa acta de concelleira de UDIVAL e continuar coa súa actividade na Corporación ata o final do mandato.

Agora confirma que ese período será tamén o último da súa actual etapa política municipal: non encabezará unha nova candidatura en mayo de 2027 y UDIVAL tampoco concurrirá a los comicios al desaparecer como formación.

0.14292597770691