A música e o baile tradicional daranse cita na XXXVI Mostra Folclórica do Valadouro

AMariñaXa
O encontro celebrarase o 22 de agosto no Parque Concepción Arenal coa participación da Asociación Cultural Amado Lar e do Grupo Folclórico Brisas de Aguilar
XXXVI-Mostra-Folclórica-valadouro-2026
20 Aug 2026

O Concello do Valadouro volverá apostar este verán pola cultura popular coa celebración da XXXVI Mostra Folclórica, un evento que reunirá a formacións de Galicia e Asturias nunha xornada dedicada á música e ao baile tradicional.

A cita está programada para o 22 de agosto, a partir das 19:30 horas, no Parque Concepción Arenal, onde actuarán a Asociación Cultural Amado Lar, como anfitrioa, e o Grupo Folclórico Brisas de Aguilar, chegado desde Muros de Nalón (Asturias).

A mostra converterase un ano máis nun espazo para difundir e preservar o patrimonio cultural de ambas comunidades, ofrecendo ao público un repertorio de pezas tradicionais e coreografías que forman parte da identidade popular galega e asturiana.

Con máis de tres décadas de traxectoria, este encontro consolidouse como unha das citas culturais do verán no municipio, favorecendo o intercambio entre agrupacións folclóricas e contribuíndo á conservación das tradicións a través da música, o baile e a convivencia entre participantes e asistentes.

PROGRAMACIÓN

0.12514400482178