Novas de Mondoñedo
Os concellos da Mariña súmanse á homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario de Toledo
As entidades locais convocaron onte un minuto de silencio ás 20.00 horas en resposta ao chamamento da Federación Española de Municipios y Provincias para expresar o seu pesar polo sinistro e mostrar a súa solidariedade coas persoas afectadas
Mondoñedo celebrará o seu magosto tradicional o 7 de novembro con castañas, viño e chocolate
A xornada incluirá un percorrido de truco ou trato de Samaín polas rúas do centro ás 18:00 horas e un magosto con música de Os Carricantos a partir das 20:00 horas
Yolanda Díaz e Xulio do Canelo reciben os Premios Mestras e Mestres da Memoria
A AELG recoñeceu no Pazo de San Marcos a traxectoria da sarria e do mindoniense pola súa contribución á cultura galega, á tradición oral e á recuperación da memoria histórica
As San Lucas encaran a súa recta final con Luar na Lubre, Xabier Díaz e o folclore como protagonistas
A programación chega á súa recta final con xogos tradicionais, un encontro folclórico e os concertos gratuítos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Luar na Lubre antes da despedida do domingo
Xabier Díaz e Luar na Lubre protagonizan o peche musical das San Lucas de Mondoñedo
A festa, que celebra a súa 870ª edición, despedirá a fin de semana cunha xornada de tradición e cultura que incluirá xogos populares, pasarrúas e un encontro folclórico
O Salón Teatro de Santiago proxecta un documental sobre a docente mindoniense Andrea López Chao
A peza audiovisual, impulsada polo Concello de Mondoñedo coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, poderá verse en Santiago o 27 de outubro
Mondoñedo prepara un curso para achegar o galego e a cultura de Galicia
A formación presencial terá lugar entre o 20 e o 30 de outubro e combinará aprendizaxe lingüística con contidos sobre historia, tradicións e vida cotiá
Pontón presenta a Eloi Cabanas como candidato á Alcaldía de Mondoñedo "para gañar no económico e no social"
“Ten que volver ser un concello BNG cun proxecto solvente para abrir un tempo novo a favor da veciñanza”, destaca a líder do Bloque
Mondoñedo recupera o esplendor das San Lucas con dez días de tradición, cabalos e música
A programación desenvolverase do 16 ao 25 de outubro e combinará a esencia gandeira da feira con concertos, folclore, actividades infantís, humor e espectáculos ecuestres
Mondoñedo asfaltará a explanada do aparcadoiro do cemiterio municipal
O Concello advirte de posibles restricións no acceso durante as próximas semanas e traballa para rematar a actuación canto antes
Un estudo afonda no papel das mulleres na historia e no coidado das comunidades rurais galegas
A xornada Coidar o rural, celebrada en Mondoñedo, deu a coñecer os primeiros resultados dunha investigación que combina a memoria veciñal cos achádegos arqueolóxicos de San Vicente de Trigás
Mondoñedo recupera o toque manual das campás e convérteo nunha experiencia para os peregrinos
A iniciativa da Asociación O Camiño Norte. De Catedral a Catedral achega aos peregrinos o patrimonio sonoro da cidade a través de tres propostas
Mondoñedo ofrece un curso gratuíto de iniciación á lingua e á cultura galegas
A formación, de 20 horas e dirixida a maiores de 16 anos, celebrarase do 20 ao 30 de outubro no Pazo Santomé
O Castro de Zoñán amosará os resultados das escavacións de 2026 nunha visita guiada
A actividade será o sábado 3 de outubro e permitirá coñecer as novas estruturas e cabanas descubertas nunha campaña que documentou materiais de entre os séculos I e V d.C.
As San Lucas celebrarán 870 anos de historia cunha programación que se estenderá ata o 25 de outubro
O cartel deseñado por Diego Núñez anuncia unha edición especial dunha das citas máis emblemáticas de Mondoñedo, con Los Satélites, The Rapants, Abraham Cupeiro ou Los Coleguitas de Venezuela entre os protagonistas
As San Lucas avanzan cara á declaración de Festa de Interese Turístico Nacional
Turismo de Galicia avala a candidatura dunha celebración con máis de oito séculos de historia que reúne arredor de 40.000 persoas e mantén o cabalo como un dos seus grandes sinais de identidade
O PSOE de Mondoñedo esixe a cobertura das prazas de médicos do centro de saúde
Os socialistas critican que o servizo pasou de contar con catro facultativos a ter unicamente dous, tras unha xubilación e unha baixa
Eventos
Mondoñedo acolle un encontro para resolver as dúbidas de autónomos e emprendedores
APE Galicia organiza o luns 21 de setembro no Pazo Santomé un encontro para informar sobre apoio ao traballo autónomo, recursos para emprender e experiencias reais
A Deputación actúa en estradas de Xove e Mondoñedo con melloras no firme e na seguridade
En Xove avanza un proxecto de máis de 810.000 euros en tres vías provinciais, mentres que en Mondoñedo comeza a rehabilitación de 2,6 quilómetros da estrada entre Viloalle e Figueiras
Vilalba protagoniza o día grande dos Remedios coa ofrenda de Marta Rouco en Mondoñedo
A representante vilalbesa apelou ao legado recibido das xeracións anteriores e preguntouse polo mundo que se está construíndo para as que veñen detrás
Mondoñedo recuperará o espírito das tabernas cunha xornada de música e baile tradicional
A XIV Xuntanza de Cantos de Taberna celebrarase o 12 de setembro cun programa que inclúe sesión vermú, obradoiro de baile, actuacións polos locais da vila e unha foliada aberta
As festas da Virxe dos Remedios regresan a Mondoñedo con música, tradición e verbenas
A cidade vivirá tres días de celebracións do 12 ao 14 de setembro cun programa que inclúe os XIV Cantos de Taberna, actos relixiosos, orquestras e o Día do Neno
Lugo e Mondoñedo únense para analizar o futuro dos Camiños de Santiago do Norte
As XIX Xornadas do Peregrino 'Abrindo Camiño' celebraranse os días 5 e 6 de setembro cun programa de debates, visitas patrimoniais, música, audiovisuais e unha romaría xacobea
Mondoñedo converterá aos escolares en peregrinos cunha ruta educativa polo Camiño Norte
O alumnado de oito centros percorrerá 6 quilómetros pola cidade e completará unha credencial con selos en oito puntos vinculados ao patrimonio xacobeo










