AMariñaXa
O Club de Tiro San Roque organiza a XLVIII Gran Tirada Concello de Viveiro de foso olímpico
A competición terá lugar o q5 de agosto cun máximo de 84 participantes e repartirá premios en metálico nas distintas categorías
Unha trinta de deportistas inician en Cervo o II Campus de Verán de Natación Artística da Federación Galega de Natación
A actividade está dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2015 e desenvolverase durante toda a semana na Piscina Municipal de Lieiro
Foz habilitará un Punto Violeta e un Punto LGTBIQA+ durante as festas patronais da Virxe do Carme
Os espazos funcionarán nos días principais das celebracións en horario nocturno e incorporarán como novidade pulseiras Centinela para detectar substancias estupefacientes
Viveiro instalará unha pantalla xigante na Praza Maior para seguir a semifinal do Mundial entre España e Francia
Os afeccionados poderán ver en directo o encontro mañá a partir das 21.00 horas nun espazo habilitado polo Concello
GaliciaXa
Comezan as proxeccións das curtas dos Premios Mestre Mateo en 26 concellos
Na selección figuran os filmes de imaxe ‘Abellón’, ‘Algo novo que contar’, ‘Curmán’, e ‘Adeus, Berta’ e os de animación ‘Lucus’, ‘Nuno’, ‘O mesmo’ e ‘O corpo de Cristo’
Lago celebra as súas festas patronais do 17 ao 19 de xullo cun programa de música, gastronomía e tradición
As celebracións na honra á Virxe do Carme e San Antón incluirán verbena, sesións musicais, churrasco e actos relixiosos no Campo da Festa de Lago
O PSdeG de Xove destaca o investimento de máis de 1,2 millóns de euros da Deputación na mellora das estradas do municipio
A dirección local socialista mantivo unha reunión de traballo coa presidenta da Deputación, Carmela López, para facer seguimento das actuacións en marcha e abordar novos proxectos para Xove
O Vicedo continúa o seu programa de verán con rutas en kayak, unha marcha solidaria e a exposición sobre Kubala
A programación desta semana inclúe unha nova actividade dos Mércores de Natureza, a II Marcha contra o Cancro e os últimos días para visitar a mostra dedicada á traxectoria deportiva local de Kubala
A III Carreira de Andadura reuniu en Cervo a numerosos participantes e afeccionados ao mundo ecuestre
A pista ecuestre da Bidueira acolleu unha nova edición da competición, na que participaron a alcaldesa Dolores García Caramés e o concelleiro Adrián Arias na entrega de premios
Xove consolídase como unha das sedes de referencia do calendario nacional de Pumptrack
O IV Gran Premio Concello de Xove, cuarta cita da Copa de España de Pumptrack, reuniu na localidade a destacados especialistas desta modalidade
María do Ceo ofrecerá un concerto gratuíto en Mondoñedo o 24 de xullo
A artista luso-galega actuará na Catedral Basílica da Asunción nun recital de entrada libre
O CIM Móbil achegarase en agosto ao Valadouro para prestar atención en materia de violencia de xénero
A unidade itinerante prestará servizo o día 10 no Parque Concepción Arenal
O Grupo de Participación Adolescente de Burela gozou dunha xornada de surf como peche do proxecto Xeración Peixe
A actividade, organizada polo Concello en colaboración co club de surf local, serviu de recompensa pola implicación da mocidade nesta iniciativa impulsada pola Fundación Expomar
O atletismo regresa á costa mariñá coa sexta edición da carreira popular Maruxaina en San Ciprián
O complexo deportivo A Veiga acollerá o vindeiro 18 de xullo esta proba puntuable que inclúe categorías desde os máis pequenos de idade ata a modalidade absoluta
A voz dos alcaldes: Dolores García Caramés, alcaldesa de Cervo
A rexedora, que asumiu a Alcaldía en 2023 trala marcha de Alfonso Villares á Xunta, fala da súa experiencia á fronte do Concello, os retos do municipio e os proxectos de futuro
GaliciaXa
A alerta laranxa por tormentas amplíase este sábado ao centro de Lugo e actívanse para mañá os avisos na Mariña
O Goberno galego mantén hoxe a alerta na provincia da Coruña e recomenda extremar as precaucións ante posibles precipitacións intensas, vento e saraiba
O PP de Barreiros pide solucións ante o peche da biblioteca municipal durante boa parte do mes de xullo
Os populares consideran que o peche prexudica tanto á veciñanza como aos estudantes e opositores e piden que se habiliten medidas para manter o servizo
O BNG e Galiza Nova organizan na Mariña un programa de actos con motivo do Día da Patria Galega
Foz, Barreiros e Ribadeo acollerán actividades festivas, culturais e reivindicativas durante o mes de xullo antes da manifestación nacional do día 25 en Santiago
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación aproba as axudas a clubs e asociacións culturais por valor de 1.26 millóns de euros
A listaxe de beneficiarias publicarase a vindeira semana no Boletín Oficial da Provincia
Vegadeo pon en marcha unha serie de paseos saudables pala loitar contra a soidade non desexada
A iniciativa, integrada no programa contra a soidade non desexada, está dirixida preferentemente a persoas maiores de 65 anos
AMariñaXa
Opinión: Zarzuela Encantada
O Concello de Foz destina 13.500 euros para consolidar o servizo de Madrugadores nos colexios públicos
O goberno local concederá unha subvención de 4.500 euros a cada unha das ANPAS dos tres centros públicos co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral
Un grupo de scouts colabora na mellora de espazos públicos de Lourenzá
Os participantes no programa axudaron aos servizos municipais a acondicionar e mellorar distintos espazos públicos
Un gran xantar popular e música en directo protagonizan a Festa do Mexillón en Barreiros
O campo de fútbol do Cascabeiro acollerá o vindeiro 18 de xullo esta cita gastronómica organizada polo club local
As festas do Carme en San Martiño volverán encher Foz de música e tradición en xullo
A parroquia celebrará tres intensas xornadas con verbenas, sesións vermú, gastronomía popular e actos relixiosos entre os días 17 e 19




