Deportes
Rodrigo Navarro e Sofía Souto levan dous ouros en barco dragón nos European Police & Fire Games de Vigo
O viveirense e a carballesa dirixiron unha embarcación integrada por membros da Policía Nacional e do Exército do Aire e do Espazo, que se impuxo nas probas de 200 e 2.000 metros
Adrián Ben e Alice Finot lideran o cartel do Cross Ponte Romana de Lugo
A novena edición do Optimilk PRO Cross Ponte Romana reunirá os días 31 de outubro e 1 de novembro figuras internacionais, novas promesas do atletismo galego e corredores populares no parque do Pazo de Feiras e Congresos
Cervo ofrecerá clases de xadrez para a infancia na Casa do Mar
A actividade estará dirixida por Aitor López, presidente do club viveirense, e as inscricións poden realizarse na Casa da Cultura ou por teléfono
Ribadeo acolle o XIII Aberto de Billarda "Vila de Ribadeo"
A cita celebrarase o domingo no Campamento Xuvenil A Devesa e corresponderá á segunda xornada da Liga Nacional de Billarda
Ribadeo acollerá o 24 de outubro a ruta ciclista Gravel Rebels, con 60 prazas
A proposta organizada por Galician Gravel Cycling combinará rutas en bicicleta gravel, un almorzo tipo brunch e un menú de picoteo ao remate, coa inscrición aberta ata o día 23
Xove acolle este sábado a XIII Copa de Bolos Concello por parellas
A competición celebrarase o 3 de outubro na Bolera Municipal de Sumoas e dará inicio á XXXVIII tempada de bolos no municipio
As dez peñas do Real Madrid na provincia de Lugo reúnense por primeira vez nun encontro con 200 afeccionados
A xuntanza celebrouse no Pazo de Feiras e contou coa presenza de representantes do club e de antigos deportistas como Agustín Rodríguez, Chechu Biriukov e Alfredo Escobar
O lucense Nico Adega participa en Valladolid no II Congreso Estatal de Xuventude con Discapacidade
O campión mundial e europeo de paracanoe participou nunha mesa sobre o dereito ao ocio, o deporte e a cultura
A Asociación Os Tres Pés enche de actividades a Escoliña de Fórnea con propostas para todas as idades
A programación para o curso 2026-2027 inclúe propostas para público infantil e adulto, mentres que os horarios de pilates e zumba se concretarán en función da demanda
Ribadeo homenaxea á pioneira Manuela Barreiro Pico cun mural de Diego As
O acto celebrarase este venres 25 de setembro ás 20.30 horas no Teatro de Ribadeo e incluirá unha representación da asociación La Moderna
O Valadouro abre a inscrición para as actividades de adultos con seis propostas para o novo curso
Ximnasia de mantemento, ioga, pilates, novas tecnoloxías, memoria e envellecemento activo integran a oferta municipal, con solicitudes abertas ata o 24 de setembro
Xove celebrarase sobre dúas rodas cunha nova edición do Día da Bicicleta
A actividade partirá ás 11.00 horas da Praza do Concello e contará cun percorrido de entre 10 e 15 quilómetros para maiores de 7 anos e outro adaptado aos máis pequenos
Ribadeo abre a inscrición para trece escolas deportivas de inverno
A programación está dirixida a nenos e nenas nacidos entre 2013 e 2022 e inclúe disciplinas como fútbol, natación, atletismo, pádel, xadrez ou ximnasia rítmica
A Carreira Val das Fabas volverá reunir en Lourenzá corredores de todas as idades
As categorías menores tomarán a saída ás 17.00 horas e a proba absoluta comezará ás 18.00 cun percorrido de 6.330 metros
Alfoz abre as inscricións para as actividades deportivas municipais de 2026
O prazo para anotarse permanecerá aberto do 15 ao 22 de setembro e as solicitudes poderán presentarse na sede electrónica ou no rexistro municipal
A 15K A Mariña non se celebrará este domingo por problemas técnicos no percorrido
As obras na zona portuaria e as autorizacións necesarias entre concellos e administracións impiden celebrar a proba, mentres o circuíto Run Foz Run prepara xa as súas citas de Nadal
O Trail Monte Comado celebra a súa décima edición cun percorrido de 17 quilómetros
A proba sairá de San Miguel de Reinante e atravesará pistas e camiños forestais de Reinante e San Pedro de Benquerencia, cun máximo de 150 participantes
Eventos
Ourol ofrece ximnasia e obradoiros de memoria para fomentar o envellecemento activo
As propostas son gratuítas para as persoas maiores empadroadas no municipio e o prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 29 de setembro
Cervo recibe 84.000 euros para mellorar a piscina de Lieiro, o alumeado e a pista de Pedrosa a Viladesuso
As actuacións céntranse na accesibilidade dos vestiarios da piscina, na renovación da iluminación da avenida da Mariña e na rehabilitación da vía entre Pedrosa e Viladesuso
A Marcha BTT Xoviética regresará a Xove o 17 de outubro coa súa novena edición
A cita coa bicicleta de montaña volverá reunir aos afeccionados á BTT nunha proba que percorrerá a contorna natural do municipio
O Martínez Otero de Foz renova o céspede cun investimento de preto de 10.000 euros
A actuación permitiu recuperar o terreo de xogo tras o desgaste acumulado durante a tempada e antes do primeiro partido de Liga do CD Foz
Cervo estrea o renovado parque infantil Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane
O espazo incorpora unha tirolina, novas zonas de xogo e elementos inclusivos tras unha remodelación integral financiada con fondos municipais
O II Half Triatlón converterá Ribadeo nun referente do deporte de resistencia o 5 de setembro
A cita reunirá a preto de 250 participantes de toda España e acollerá os campionatos galegos de Half Triatlón e Half Aquabike, cun importante impacto para o turismo local
Cervo reunirá as novas promesas do ciclismo galego na III Mini BTT Medela MTB
A proba de ciclismo de montaña contará cun máximo de 300 participantes de categorías de base e as inscricións permanecerán abertas ata o 10 de setembro










