Cultura
O PSOE de Viveiro reclama limpar os sumidoiros e mellorar varios viais do municipio
O grupo socialista tamén solicita información sobre as xestións ante Portos de Galicia para completar o acondicionamento da Rúa do Porto de Celeiro
O Vicedo ofrece catro cursos tecnolóxicos gratuítos para rapaces a partir de 8 anos
A programación inclúe formación en informática, mecanografía, edición de vídeo e robótica, con prazas limitadas
Foz celebrará unha comida-baile benéfica a prol da loita contra o cancro
A cita terá lugar ás 14.00 horas e o prezo da entrada será de 40 euros, con parte da recadación destinada a doazón
Mondoñedo recupera o toque manual das campás e convérteo nunha experiencia para os peregrinos
A iniciativa da Asociación O Camiño Norte. De Catedral a Catedral achega aos peregrinos o patrimonio sonoro da cidade a través de tres propostas
O teatro afeccionado chega a Barreiros con catro funcións durante outubro
As representacións celebraranse nas Escolas Vellas de San Miguel e no Centro Sociocultural de San Cosme, con entradas a 3 euros
O CENIMA de Foz achega a realidade de Afganistán a través dunha mostra fotográfica
A mostra reúne unhas 30 fotografías, paneis informativos, uniformes e material sobre o labor das Forzas Armadas españolas durante a súa presenza no país
Lourenzá prepárase para tres días de festa arredor da faba con gastronomía, música e tradición
A programación reunirá propostas gastronómicas, actuacións, artesanía, actividades infantís e a XII Vespa Faba e Clásicos, ademais do tradicional mercado e das casetas dos produtores
O Castro de Zoñán amosará os resultados das escavacións de 2026 nunha visita guiada
A actividade será o sábado 3 de outubro e permitirá coñecer as novas estruturas e cabanas descubertas nunha campaña que documentou materiais de entre os séculos I e V d.C.
O Vicedo retoma a animación á lectura cun obradoiro para crear historias a partir de fotografías
A actividade celebrarase na Casa da Cultura e estará aberta tamén á participación de nenos e nenas doutros concellos
O Valadouro abre a inscrición de postos para a XXXIX Feira do Mel
Produtores, artesáns, comercios e empresas expositoras poden solicitar unha praza ata o 6 de outubro ou ata completar os postos dispoñibles
A Faba de Lourenzá reivindica o seu protagonismo cunha festa de tres días chea de sabor e tradición
Degustacións populares, showcookings, música, artesanía, propostas infantís e a XII Vespa Faba e Clásicos encherán a vila durante toda a fin de semana
O Camiño Gastronómico do Mar percorrerá 15 concellos en sete etapas entre outubro e novembro
A iniciativa arrancará o 11 de outubro e combinará percorridos a pé de entre 12 e 15 quilómetros con degustacións de produtos da lonxa de Burela e unha maior implicación da hostalaría local
A Festa do Ramo pecha a tempada festiva de Xove celebrando vinte anos no Alto do Cruceiro
A cita porá o broche ás festas do municipio cun programa de tres días que reunirá a Festa dos Callos, verbenas, tradición e sesións vermú
Burela reúne as mulleres das confrarías de Lugo para impulsar o seu liderado no sector do mar
O encontro reuniu mulleres das confrarías da provincia para analizar os obstáculos á hora de asumir responsabilidades e recoller propostas que favorezan a súa presenza nos órganos de decisión
Unha nova escavación no castro de Zoñán busca ampliar o coñecemento sobre o xacemento
Os traballos, cunha duración prevista de 20 días, permitirán escavar outros 40 metros cadrados e inclúen actuacións de protección das estruturas xa recuperadas
Xove busca as mellores imaxes da súa natureza, costa e mar
As persoas participantes poderán presentar as súas imaxes ata o 30 de outubro nun certame centrado na beleza e na riqueza natural do municipio
A Biblioteca de Barreiros gaña por segundo ano consecutivo o Premio María Moliner
O proxecto "Entre libros y escenarios" recibirá 2.777,77 euros para continuar achegando a lectura e a programación cultural ás diferentes parroquias do municipio
A Pontenova recibe 250.000 euros da Deputación para mellorar infraestruturas e servizos
O convenio permitirá reformar a antiga escola de Vilaodriz, acondicionar dous camiños, impermeabilizar un depósito de auga e adquirir unha furgoneta eléctrica, entre outras actuacións
Ribadeo homenaxea á pioneira Manuela Barreiro Pico cun mural de Diego As
O acto celebrarase este venres 25 de setembro ás 20.30 horas no Teatro de Ribadeo e incluirá unha representación da asociación La Moderna
A Espiñeira celebrará as festas da Virxe do Pilar con tres días de música, gastronomía e tradición
A programación arrancará cunha cea prefesta e continuará coas orquestras Pontevedra e Charleston Big Band, o Grupo da Silva e os actos relixiosos
A Asociación Cultural Osorio Gutiérrez abre o curso con baile, pandeireta, gaita e percusión en Lourenzá
A programación do curso 2026-2027 inclúe propostas para público infantil e adulto, con actividades de iniciación e perfeccionamento e un primeiro mes de proba gratuíto
Inician o luns unha escavación arqueolóxica no Castro de Zoñán de Mondoñedo
A intervención pretende definir unha serie de estruturas que se tiñan localizado na parte oeste da área aberta entre os anos 2002 e 2009
O Valadouro abre a inscrición para as actividades de adultos con seis propostas para o novo curso
Ximnasia de mantemento, ioga, pilates, novas tecnoloxías, memoria e envellecemento activo integran a oferta municipal, con solicitudes abertas ata o 24 de setembro
Mondoñedo acolle un encontro para resolver as dúbidas de autónomos e emprendedores
APE Galicia organiza o luns 21 de setembro no Pazo Santomé un encontro para informar sobre apoio ao traballo autónomo, recursos para emprender e experiencias reais




