Espacio Machete estrea en Foz 'Fuera de Cata', unha proposta que combina gastronomía e xogo

Espacio Machete, en Foz, prepara a primeira edición de Fuera de Cata, unha iniciativa que transforma a degustación de viños e produtos gastronómicos nunha experiencia lúdica por equipos. A actividade terá lugar o próximo venres 30 de outubro e combinará sabores, preguntas e probas sorpresa nun ambiente distendido e participativo.
A proposta busca ofrecer unha forma diferente de achegarse á gastronomía, na que os participantes non só degustarán distintos produtos, senón que tamén terán que afrontar retos e poñer a proba os seus coñecementos en equipo.
Tras o xogo chegará o chamado Terceiro Tempo, unha continuación da velada cunha cea informal, música e servizo de barra, pensada para prolongar o encontro nun ambiente relaxado.
O prezo da actividade é de 35 euros por persoa e inclúe o xogo, as degustacións e a cea informal acompañada dunha copa de viño. As consumicións adicionais deberán aboarse á parte.
O aforo será limitado, polo que será necesario realizar unha reserva previa. As persoas interesadas poden solicitar información ou reservar a súa praza a través do teléfono ou WhatsApp 696 196 919. Tamén poden consultar as novidades nos perfís de Instagram @espaciomachete e @fueradecata.