Barreiros abre a inscrición para participar no segundo certame de teatro afeccionado

O segundo certame de teatro afeccionado do Concello de Barreiros organizado pola área de dinamización e participación veciñal coa colaboración do grupo de teatro local do colectivo cultural Ollomao seleccionará 7 obras que se representarán entre os meses de xaneiro e marzo de 2027.
A mellor obra será galardoada co premio Ollomao de ouro, a segunda co Ollomao de prata e a terceira co Ollomao de bronce. Tamén serán galardoados a mellor actriz principal e secundaria, o mellor actor principal e secundario e entregarase o premio especial do público á obra mellor valorada polas persoas que asistan ás funcións.
Na primeira edición do certame a obra que conseguiu o premio á mellor obra foi O Lazarillo de Tormes da compañía El Duende de Lerma de Burgos mentras que o segundo premio foi para a obra A pena do cu do mundo do grupo O Aturuxo de Melpómene de Narón.
As bases do certame poden consultarse na web do concello www.concellodebarreiros.gal e as obras poderán presentar a súa solicitude ata o 15 de novembro. Unha vez finalizado ese prazo, procederase á selección das obras e á composición do calendario de actuacións.
O Certame de Teatro Afeccionado do Concello de Barreiros conta coa colaboración da área de cultura da vicepresidencia da Deputación de Lugo.