Cultura
O Vicedo convoca a novena edición do seu concurso de fotografía para promocionar a riqueza do municipio
O certame repartirá 650 euros en premios e manterá aberto o prazo de presentación de imaxes ata o 17 de agosto
A creatividade dos participantes nos obradoiros de Arruguiñas protagoniza unha nova exposición en Cervo
A mostra, instalada na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, reúne pezas artesanais realizadas ao longo do curso por máis de cen veciños e veciñas dentro do programa de envellecemento activo
Celeiro quenta motores para catro intensos días de celebracións patronais e mariñeiras
Concertos, tradición relixiosa, gastronomía, deporte e actividades familiares darán forma a un programa que se desenvolverá do 23 ao 26 de xullo
Ourol prepara tres intensas xornadas festivas na honra á Nosa Señora
As festas patronais, que se celebrarán os días 8, 9 e 15 de agosto, inclúen un xantar popular, verbenas con recoñecidas formacións e os actos relixiosos en honor á patroa
Mondoñedo prepara unha nova viaxe ao Medievo coa celebración da XXXIV edición do seu Mercado Medieval
A cita, que se desenvolverá do 7 ao 9 de agosto, contará cun amplo programa de recreación histórica, artesanía, gastronomía e actividades para todos os públicos
A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o Día de Galicia cun concerto acompañado de gaitas
O Campo de San Francisco acollerá o 25 de xullo unha actuación con estreas no repertorio e un programa que combinará música galega con pezas doutros estilos
Claudia Rodríguez, unha vida de compromiso co fútbol sala
A deportista focense repasa unha traxectoria marcada polo esforzo, os éxitos co Burela FSF e a defensa do deporte feminino, sen esquecer nunca as súas raíces
Música, gastronomía e tradición volverán a reunirse na Romaría de Monte Castelo de Burela
A celebración terá lugar do 24 ao 26 de xullo cun programa que inclúe verbenas, xogos infantís, concurso de disfraces, sardiñada popular e actos relixiosos
Verán na Praza ofrece en Lourenzá unha tarde de paseos a cabalo e unha ruta nocturna o 22 de xullo
A programación municipal inclúe dúas actividades gratuítas para todos os públicos e permitirá aos participantes sumar novos selos no Pasaporte de Verán
A memoria de Mimina centrará a II Romaría Isaac en Sargadelos
A cita celebrarase o 1 de agosto no recinto histórico de Sargadelos e reivindicará a figura de Carmen Arias de Castro, compañeira de Isaac Díaz Pardo e referente artístico da emblemática fábrica
O Cenima acollerá unha exposición de maquetas navais de Daniel Chao
A mostra abrirá as súas portas este venres cun acto inaugural e permitirá descubrir unha colección de embarcacións elaboradas con gran precisión e detalle
Alfoz volverá á Idade Media coa XXVI edición do Mercado de Castrodouro os días 17 e 18 de xullo
A contorna da Torre Fortaleza do Mariscal Pardo de Cela acollerá unha cita histórica que mestura tradición, animación e ambientación medieval
Lourenzá acollerá en agosto a actuación solidaria de Uganda Sticks e Os Grandes Tambores de Ruanda
O espectáculo, a beneficio da ONG Música para Salvar Vidas, combinará danza e percusión africana e incluirá viño, bebidas e petiscos.
A Mariña acollerá a XIII edición do Festival Bal y Gay con 14 concertos de música clásica entre o 5 e o 21 de agosto
A Deputación de Lugo patrocina a cita musical que levará actuacións a distintos espazos da comarca e incluirá por primeira vez un concerto no Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo
Viveiro acollerá unha nova edición do festival Ether cun cartel que aposta pola electrónica contemporánea
O evento celebrarase os días 17 e 18 de xullo de 2026 e reunirá artistas internacionais e figuras clave da escena techno e house
As festas do Carme en San Martiño volverán encher Foz de música e tradición en xullo
A parroquia celebrará tres intensas xornadas con verbenas, sesións vermú, gastronomía popular e actos relixiosos entre os días 17 e 19
GaliciaXa
O DOG publica as distincións das tres Medallas Emilia Pardo Bazán en favor da igualdade
Foron distinguidas a Asociación Saúde Mental A Mariña, a xuíza María Josefa Ruiz Tovar e as pioneiras do fútbol de Crendes
GaliciaXa
Especialistas de toda España recoñecen no Pazo de Tor os 20 anos de traxectoria da Rede Museística Provincial
Medio cento de profesionais puxeron en valor o modelo de museoloxía social da RMPL no marco dun proxecto estatal de investigación
GaliciaXa
O Pleno da Real Academia Galega acorda dedicaralle o Día das Letras Galegas 2027 a Xosé Neira Vilas
A candidatura foi apoiada por unanimidade tras retirarse na propia sesión a de Constantino García




