Alfoz dedicará novembro ao teatro cunha programación de catro comedias

As representacións celebraranse todos os sábados do mes, ás 20.00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura, con entrada de balde e a participación de compañías de As Pontes, Palas de Rei, Foz e Fazouro
obras-teatro-alfoz-novembro
27 Oct 2026

O Concello de Alfoz volverá converter novembro no mes do teatro cunha programación que inclúe catro representacións teatrais dirixidas a todos os públicos. As funcións terán lugar todos os sábados do mes, ás 20.00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura, e a entrada será gratuíta.

A programación comezará o 7 de novembro coa obra Paixón de Bulevares, a cargo de Quemais­tén Teatro, de As Pontes. A seguinte cita será o 14 de novembro, cando Metrátase Teatro, de Palas de Rei, representará Terra, voz e… acción!.

O 21 de novembro será a quenda de A Adala, de Fazouro, coa obra Ai! Señor, señor. O ciclo pecharase o 28 de novembro coa actuación de O Centiño, de Foz, que levará ao escenario a peza O autobús.

As catro funcións forman parte do Circuíto de Teatro Afeccionado 2026 e están centradas na comedia, cunha proposta para compartir risas, historias e momentos de lecer arredor das artes escénicas.

0.16187000274658