AMariñaXa
O BNG do Valadouro reclama o arranxo das pistas danadas pola saca de madeira e esixe aplicar a ordenanza
Os nacionalistas levarán ao pleno unha moción para reclamar actuacións en vías como as de Pedrouzos-Chaíño, Villares e Teixeda-Coutemil e maior control sobre os danos provocados pola actividade forestal
O PP cuestiona que Trabada gaste 50.000 euros en mover uns metros a pista de pádel
Os populares denuncian falta de planificación ao ter que cambiar de lugar unha instalación que custou preto de 40.000 euros para habilitar a área de autocaravanas
O Teatro das Cortes do Vicedo recibe o Premio Son d’aldea pola súa aposta pola cultura no rural
O galardón recoñece a transformación dunha antiga corte de vacas nun espazo cultural que acolle teatro, concertos, exposicións e actividades formativas
O Teleclub de San Cosme afronta unha reforma con boa parte das obras aínda por executar
Os traballos atópanse aínda nas primeiras fases, con demolicións e o illamento da fachada, nun proxecto que transformará o inmoble nun espazo de coworking, asociacionismo e actividade social
O UD Xove Lago e o CD As Pontes disputarán o XXXVI Torneo Concello de Xove
O encontro celebrarase este domingo 30 de agosto ás 19.00 horas no Campo Municipal de Xove
Ribadeo recupera as pistas forestais de Cedofeita e Piñeiro afectadas polos incendios de 2023
Os traballos forman parte dun plan para rehabilitar os accesos deteriorados tras o lume, que arrasou 2.750 hectáreas, e facilitar a circulación dos vehículos forestais
O Albergue Xuvenil Area de Viveiro será renovado cun investimento de 690.000 euros
A actuación permitirá renovar a calefacción, parte da rede de saneamento e o abastecemento de auga, ademais de modernizar diferentes espazos do complexo
A Deputación inicia a mellora de máis de tres quilómetros da estrada que une Bravos e San Pantaleón en Ourol
Os traballos inclúen a limpeza e reapertura de cunetas, a reparación de danos e a repavimentación dun treito da vía que pasa por Foxo
As familias dos seis chalés de Barreiros mobilízanse baixo o lema "Hai solución sen demolición"
A protesta será este 28 de agosto ás 18.00 horas diante do Concello e os afectados reclaman que todas as administracións implicadas traballen conxuntamente para buscar unha saída
GaliciaXa
A tormenta deixa máis de 1.000 raios, fortes choivas e un acusado descenso das temperaturas en Galicia
As precipitacións provocaron tamén inundacións puntuais en varias rúas da cidade da Coruña, incluído o paseo marítimo, e afectaron o recentemente inaugurado mercado de Monte Alto
Viveiro enche setembro de contos con catro propostas para público infantil
Fran Rei, Cés Orquestra, A Cova das Letras e Tarabela protagonizarán as citas no Atrio de Santa María, que se trasladarán á sala multiúsos en caso de choiva
O pavillón de Alfredo Deaño abre un novo choque entre PP e BNG por 30.000 euros para máis obras
O goberno de Ribadeo asegura que a pista non ten filtracións e que se actuará no hall e nos accesos aos baños, mentres os nacionalistas sosteñen que esas zonas xa foran incluídas nas obras anteriores
O PSdeG denuncia un ataque con pintadas ofensivas contra a súa sede do Vicedo
A formación presentou unha denuncia ante as forzas de seguridade e lembra que o pasado 14 de agosto a Casa do Pobo de Foz tamén sufriu un acto vandálico coa rotura dun dos seus cristais
Ribadeo mellorará os locais sociais de sete parroquias
As actuacións inclúen a renovación de cubertas, pavimentos e ventás, melloras de accesibilidade e ampliación de espazos, ademais de novos sistemas de iluminación e calefacción
O Praias de Barreiros abre a tempada ante o Planta 14 no VI Trofeo Interterritorial de Fútbol Sala Feminino
O conxunto barreirense recibirá este venres 28 de agosto ao equipo asturiano nun encontro que comezará ás 21.00 horas no Pavillón Municipal
Mondoñedo acollerá un curso sobre xestión forestal sostible e prevención de incendios
A formación desenvolverase os días 14, 15 e 16 de setembro no IES San Rosendo A Granxa e as preinscricións poden realizarse a través da Oficina Virtual do Medio Rural
LugoXa | AMariñaXa
Lugo acollerá unha exposición sobre a evolución do coleccionismo de Dragon Ball
A Asociación Española de Coleccionistas de Dragon Ball de Mondoñedo reunirá pezas recompiladas durante décadas nunha mostra que poderá visitarse o 29 de agosto
Burela cede un local á Federación Galega de Fútbol para achegar os seus servizos á Mariña
O novo espazo permitirá organizar formación, cursos e reunións e facilitará servizos a clubs, adestradores, árbitros e deportistas da comarca sen necesidade de desprazarse
As familias afectadas pola derruba dos chalés convocan unha concentración en Barreiros
A mobilización celebrarase o 28 de agosto ás 18.00 horas diante do Concello baixo o lema 'Defendamos os seus fogares' para reclamar apoio ante a derruba das vivendas
Unha trintena de mozos participan nas actividades de verán da Casa da Xuventude de Burela
A programación, que combina xogos, deporte, robótica e matemáticas para participantes de 12 a 18 anos, finalizará este xoves 27 de agosto
Burela renova as súas casiñas de intercambio para dar unha nova vida aos libros
Os puntos situados no Parque do Hospital, Parque Rosalía, praia urbana e A Marosa permiten coller, ler e compartir exemplares de maneira libre e gratuíta
O BNG de Ribadeo denuncia que o pavillón Alfredo Deaño segue con goteiras tras investir 190.000 euros
A formación asegura que as filtracións impediron o normal desenvolvemento dun campus de hóckey e reclama ao goberno de Daniel Vega que revise os traballos e solucione definitivamente o problema
Ribadeo une música e cine nun concerto solidario a favor da loita contra o cancro
A Coral Polifónica de Ribadeo, coa colaboración do Coro Sagrado Corazón, actuará o 1 de setembro no Teatro de Ribadeo cunha entrada de 6 euros
Os afectados polos chalés de Barreiros acusan o BNG de deixar "nun caixón" o PXOM
As familias recuperan unha carta dos nacionalistas de hai máis de 20 anos na que advertían do "risco de marbellización" e denunciaban que a falta dun plan permitía unha "xestión á carta"




