Xove abre o prazo para pedir as axudas ao estudo do curso 2026/2027

O Concello de Xove abriu o prazo para solicitar as axudas municipais ao estudo correspondentes ao curso 2026/2027. As persoas interesadas poderán presentar as súas peticións ata o vindeiro 22 de novembro.
A convocatoria contempla seis modalidades diferentes para atender distintas necesidades educativas. A primeira está dirixida a estudantes universitarios, mentres que a segunda abrangue os ciclos formativos de especialidades que non se impartan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela.
Tamén se reserva unha liña de apoio para alumnado con discapacidade física ou psíquica que acuda a centros de educación especial ou reciba terapias de estimulación. As outras tres modalidades están destinadas, respectivamente, á adquisición de material escolar e á realización de estudos de doutoramento e máster.
As bases reguladoras e a convocatoria poden consultarse a través da documentación publicada polo Concello. Os formularios necesarios para tramitar as solicitudes están dispoñibles no Rexistro municipal, onde se poden recoller en horario de 09.00 a 14.00 horas.
O prazo para presentar a documentación permanecerá aberto ata o 22 de novembro.