O certame de teatro afeccionado de Barreiros recibe 26 propostas

AMariñaXa
O comité de selección escollerá sete montaxes para a programación, que se desenvolverá entre xaneiro e marzo de 2027 en San Cosme e San Miguel
barreiros-gala-final-teatro
18 Nov 2026

O II Certame de Teatro Afeccionado do Concello de Barreiros pechou o prazo de inscrición cunha resposta que superou as previsións da organización. En total, presentáronse 26 obras, procedentes das catro provincias galegas e doutras comunidades autónomas, que achegaron sete propostas máis.

A elevada participación permitirá contar cunha ampla variedade de xéneros e temáticas na programación desta segunda edición. Así o destaca o concelleiro de Dinamización, Dani García, quen considera que o número e a diversidade das candidaturas recibidas contribuirán a configurar unha mostra especialmente variada e atractiva.

Unha vez rematada a convocatoria, o seguinte paso será o traballo do comité encargado de avaliar as propostas e seleccionar as sete montaxes que formarán parte do certame. As obras escollidas representaranse os sábados entre xaneiro e marzo de 2027, no centro sociocultural de San Cosme e nos colexios vellos de San Miguel.

O público tamén terá un papel activo na entrega dos premios, xa que as persoas asistentes ás funcións poderán votar para decidir o galardón especial do público. O resto dos recoñecementos corresponderán á valoración do xurado.

O Concello dará a coñecer nos próximos días os títulos das sete obras seleccionadas e o calendario das representacións.

0.14945697784424