Ourol acollerá o 21 de novembro a comedia 'Trato a cegas' da compañía Pico do Castro

AMariñaXa
A función comezará ás 18.00 horas no Centro Social de Merille, durará aproximadamente unha hora e terá entrada gratuíta
telon-teatro-recurso
17 Nov 2026

O Centro Social de Merille, no municipio de Ourol, acollerá o sábado 21 de novembro a representación de 'Trato a cegas', unha obra de comedia da compañía teatral Pico do Castro. A actuación está prevista para as 18.00 horas e terá unha duración aproximada de 60 minutos.

A función está dirixida a persoas maiores de 14 anos e poderá seguirse de balde, xa que o acceso será libre e gratuíto.

A iniciativa está promovida polo Concello de Ourol e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, no marco dos Circuítos de Teatro Afeccionado e Profesional. Esta proposta permitirá achegar unha nova representación teatral á programación cultural do municipio.

0.15927815437317