Foz organiza unha charla para mellorar a atención e a concentración dos nenos

O programa Educando en Familia promove unha nova sesión formativa en Foz centrada en como favorecer a atención e a concentración dos nenos e nenas durante o seu proceso de aprendizaxe. A actividade terá lugar o luns 23 de novembro, ás 16.30 horas, na biblioteca do CEIP de Nois.
A charla estará impartida por Carolina García Chico, pedagoga especialista de Educando en Familia, que compartirá pautas e ferramentas prácticas para axudar ás familias a traballar estas capacidades tanto no ámbito doméstico como no escolar.
A proposta pretende ofrecer un espazo no que reflexionar sobre as dificultades relacionadas coa atención, poñer en común experiencias e coñecer recursos sinxelos que se poidan incorporar ás rutinas diarias. O obxectivo é proporcionar ás familias estratexias para acompañar os menores nas distintas etapas da súa aprendizaxe.