Novas de Vegadeo
As obras de mellora enerxética do colexio Jovellanos de Vegadeo avanzan a bo ritmo
A intervención permitirá renovar a fachada, a cuberta e as fiestras do edificio, ademais de substituír a actual caldeira de gasóleo por outra de gas propano de alto rendemento
Vegadeo homenaxea a Amancio Murias cunha pedra da memoria na Galea
O veciño da Galea foi represaliado polas súas ideas durante a Guerra Civil e morreu no campo de concentración nazi de Austria
Os concellos da Mariña súmanse á homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario de Toledo
As entidades locais convocaron onte un minuto de silencio ás 20.00 horas en resposta ao chamamento da Federación Española de Municipios y Provincias para expresar o seu pesar polo sinistro e mostrar a súa solidariedade coas persoas afectadas
Vegadeo organiza un obradoiro de autocoidado e benestar emocional para adultos
A actividade, impartida polo psicólogo Manuel Martínez Mántaras, comezará o 5 de novembro e constará de cinco sesións
O club O Cembedo de Viveiro logra nove medallas no TOP TTR N7 Sénior de bádminton celebrado en Vegadeo
Os dez xogadores participantes conseguiron tres ouros, catro pratas e dous bronces nun torneo disputado o pasado domingo
Vegadeo acollerá un taller para mellorar a edición de textos literarios
A formación, aberta a todas as persoas, estará impartida polo equipo de La Chula e centraráse en mellorar a estrutura, o ritmo e a precisión dos textos.
Vegadeo celebra a III Festa do Remo con tres xornadas de gastronomía
O Parque de Medal acollerá tres xornadas organizadas polo Concello e o Club Remeros del Eo con mexillóns, churrasco e ovos con patacas e chourizo
Daniel Otero Álvarez, remata noveno no Mundial Universitario de remo disputado en Canadá
O deportista do Club Remeros del Eo terminou terceiro na final B xunto ao seu compañeiro Esteve Masanes
Vegadeo volverá descubrir o seu patrimonio con novas visitas guiadas gratuítas
O programa inclúe catro percorridos entre agosto e outubro para achegar á veciñanza e ás persoas visitantes a historia e os recunchos máis representativos do municipio
Vegadeo prepara unha nova edición de ECO 21 para promover a produción ecolóxica e sostible
A mostra celebrarase os días 5 e 6 de setembro no recinto feiral con produtores e iniciativas vinculadas á agricultura responsable do territorio Oscos-Eo
Vegadeo abre as inscricións para a 47ª edición do Cross Popular Volta a Piantón
A proba, que se celebrará o 14 de agosto, incluirá carreiras infantís e o tradicional percorrido entre Vegadeo e Piantón
Isabel Oliveros Martínez recibe o Premio Vegadense do Ano pola súa traxectoria educativa e social
A mestra xubilada será homenaxeada este venres no Auditorio Félix Menéndez durante a entrega da XXVIII edición dun galardón impulsado pola asociación Amigos de Vegadeo e o seu Concello
Vegadeo prepárase para unha nova edición do A Veiga Rock con catro bandas no cartel principal
O festival celebrará o seu noveno aniversario o 1 de agosto no recinto feiral cunha proposta gratuíta que mesturará metal, punk, hardcore e folk
Vegadeo abrirá a súa Semana Cultural coa presentación dun libro sobre o histórico ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo
José Antonio Gómez Martínez dará a coñecer unha obra de máis de 400 páxinas que reúne anos de investigación sobre a antiga liña ferroviaria e o seu legado.
Noel Rodríguez roza o podio no Campionato de España de remo olímpico
O novo remeiro do Club Remeros del Eo rematou cuarto na categoría alevín tras quedar a só un segundo da medalla de bronce
Vegadeo acollerá unha xornada sobre prevención de incendios forestais con especial atención á interface urbano-forestal
A iniciativa ofrecerá pautas de autoprotección para a veciñanza e forma parte dun programa que percorrerá diferentes concellos asturianos durante o mes de xullo
Seis medallas impulsan ao Club Remeros del Eo antes do Campionato Nacional
A entidade asinou en Navia dous ouros e catro pratas no Campionato de Asturias de Remo Olímpico
Eventos
OcioenGalicia
II San Silvestre de O Vicedo
OcioenGalicia
XXVI Jornadas Mindonienses de Arqueología 2026
Vegadeo quenta motores para a celebración da LXI Feira de Mostras
O recinto feiral volverá converterse no epicentro da actividade comercial e social da comarca nunha edición que aínda ultima a súa programación definitiva.
“As Maniotas” organizará unha ruta de sendeirismo pola Senda Verde de Teverga
A excursión incluirá percorrido a pé, visita cultural e comida de convivencia nunha xornada aberta con prazas limitadas
A LXI Feira de Mostras de Vegadeo volverá reunir en xuño a empresas, visitantes e actividade comercial
O evento celebrarase os días 5, 6 e 7 no recinto feiral da localidade asturiana, mentres a organización continúa perfilando o programa desta edición
A Casa de Cultura de Vegadeo acolle en maio unha programación escénica variada
Tres propostas culturais levarán ao escenario espectáculos premiados e creacións contemporáneas para todos os públicos
O festival Pista Extra trasládase a Vegadeo e celebrará alí a súa terceira edición
A cita, que mantén a súa esencia punk e rock combativa, terá lugar o 28 de novembro baixo o nome Pista Extra: A Veiga
A Veiga Rock anuncia a súa festa de presentación antes da gran cita do verán
O evento previo celebrarase o 16 de maio en Vegadeo como anticipo do festival, previsto para o 1 de agosto
O motor toma posicións en Vegadeo cun encontro informativo previo á cita do 2 de maio
O evento anunciado para Meredo e Cobre corresponde ao TT A Veiga Racing, a proba que abrirá o Campionato de Asturias de Tramos de Terra 2026







