Vegadeo pon en marcha unha serie de paseos saudables pala loitar contra a soidade non desexada

AMariñaXa
A iniciativa, integrada no programa contra a soidade non desexada, está dirixida preferentemente a persoas maiores de 65 anos
paseos-saudables-vegadeo
11 Jul 2026

O Concello de Vegadeo organizará a partir do vindeiro 30 de xullo unha nova actividade dentro do programa contra a soidade non desexada "Acompañad@ en tu camino". Trátase de Paseos Saludables, unha iniciativa orientada a promover hábitos de vida activos e favorecer as relacións sociais entre a poboación adulta, con preferencia para as persoas maiores de 65 anos.

A actividade desenvolverase todos os xoves, con inicio o 30 de xullo, e consistirá en dez saídas, unha por semana, nas que os participantes realizarán camiñadas e utilizarán de forma guiada os circuítos biosaludables do municipio.

As sesións estarán dirixidas por Pablo, do ximnasio Re.forma, e darán comezo ás 10.30 horas. O punto de encontro será a praza do Concello. A organización recomenda ás persoas participantes acudir con roupa e calzado cómodos e levar unha botella de auga.

As persoas interesadas poden solicitar máis información e formalizar a súa inscrición no Concello de Vegadeo, a través do Plan Municipal de Promoción da Saúde.

0.1472852230072