Vegadeo abrirá a súa Semana Cultural coa presentación dun libro sobre o histórico ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo

AMariñaXa
José Antonio Gómez Martínez dará a coñecer unha obra de máis de 400 páxinas que reúne anos de investigación sobre a antiga liña ferroviaria e o seu legado.
El-ferrocarril-de-Villaodrid-a-Ribadeo
26 Jul 2026

A Semana Cultural de Vegadeo botará a andar o vindeiro luns, 3 de agosto, cunha cita dedicada á memoria ferroviaria da comarca. O auditorio Félix Menéndez da Casa da Cultura acollerá, ás 19:30 horas, a presentación do libro El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo, unha publicación asinada por José Antonio Gómez Martínez que afonda na historia dunha das infraestruturas máis representativas do pasado industrial da zona.

A obra é o resultado dun amplo traballo de investigación e documentación desenvolvido ao longo de varios anos, no que o autor recompila información histórica sobre a antiga liña ferroviaria que unía Villaodrid con Ribadeo e que desempeñou un papel fundamental no desenvolvemento económico da comarca.

O volume conta con 416 páxinas e incorpora un total de 334 ilustracións que permiten seguir a evolución deste trazado ferroviario a través de fotografías, documentos e outros materiais gráficos. Ademais, inclúe un plano despregable de 80 por 27 centímetros no que se recolle o percorrido completo da liña.

Con esta presentación, Vegadeo dará comezo á programación da súa Semana Cultural, apostando por unha actividade que conxuga divulgación histórica e patrimonio, ao tempo que rende homenaxe a unha infraestrutura que marcou durante décadas a vida social e económica do territorio.

0.11750078201294