José Armas, El ilusionista, regresa a Vegadeo co seu espectáculo "Inexplicable"

O ilusionista José Armas regresará a Vegadeo o sábado 24 de outubro con "Inexplicable", un espectáculo que combina grandes trucos de maxia, mentalismo e escapismo nunha proposta pensada para sorprender o público.
A actuación terá lugar ás 20.00 horas no Auditorio Félix Menéndez da Casa de Cultura de Vegadeo e será de acceso gratuíto.
O espectáculo inclúe xogos de cartas, números de mentalismo, explosións, desaparicións de persoas e desafíos de escapismo. A gala tamén renderá homenaxe a Harry Houdini, unha das figuras máis recoñecidas da historia da maxia e do escapismo.
A cita forma parte do circuíto de artes escénicas de Asturies Cultura en Rede, unha iniciativa que achega diferentes propostas culturais aos concellos asturianos.