AMariñaXa
Burela impulsa dous cursos formativos para favorecer a integración de persoas estranxeiras
As accións inclúen preparación para a proba CCSE e clases de español, cunha oferta aberta ata completar os grupos
Alfoz celebrará con foguetes a recuperación do topónimo histórico Castrodouro
A veciñanza conmemorará o domingo 19 a restitución oficial do nome cun acto simbólico desde o alto da vila
Trabada celebrará o 17 de maio o Encontro dos Maiores como xornada de convivencia e recoñecemento
O Concello reunirá á veciñanza maior de 65 anos nunha cita especial que busca agradecer a súa traxectoria e reforzar os vínculos sociais
Ribadeo impulsa Gastropraza para revitalizar a Praza de Abastos con actividades gastronómicas
O programa arrinca este sábado cun obradoiro sobre tofu natural e busca converter o mercado nun espazo de encontro, formación e degustación
Lourenzá celebrará o 1 de maio o desfile do Maio e a Festa Campesiña
O Concello e o tecido asociativo impulsan unha xornada para reivindicar a tradición e a chegada da primavera coa participación da veciñanza
Ribadeo acollerá o 30 de abril un foro sobre industria, emprego e innovación promovido pola CEL
O encontro reunirá empresas, emprendedores e institucións para analizar retos e oportunidades do tecido produtivo do norte de Lugo e Asturias
Carlos Canal fai historia ao gañar en Barreiros a segunda etapa de O Gran Camiño
O ciclista galego impúxose na meta da praia de Benquerencia tras unha xornada que percorreu A Mariña e A Terra Chá e situou a Rafa Reis como líder da xeral
O PSdeG de Xove denuncia máis de vinte anos sen políticas de vivenda e acusa ao PP de inacción
Os socialistas alertan da falta de oferta residencial e reclaman un plan municipal para facilitar o acceso a vivendas e frear a perda de poboación
Galdo acollerá o 10 de maio unha nova edición da Feira das Maulas, con tradición, deporte e ambiente festivo
A xornada reunirá competicións ecuestres, música en directo, actividades deportivas e propostas para todos os públicos nun dos eventos máis emblemáticos do municipio
O Vicedo volve licitar a xestión do centro de día tras quedar deserto o primeiro proceso
O novo proceso busca atraer empresas para poñer en marcha un servizo clave para as persoas maiores
O espectáculo “Hamelín” de Fran Rei chega a Alfoz polo Día do Libro
Será este próximo xoves, 23 de abril, na Casa da Cultura
A ciencia forestal abrirá As Quendas 2026 coa voz de María Josefa Lombardero
A catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en sanidade forestal será a encargada de pronunciar o pregón da festa, que se celebrará en Mondoñedo do 30 de abril ao 3 de maio
A Comida do Maior entra na recta final coa venda de entradas a piques de pechar
Viveiro celebrará o sábado 18 de abril no Val do Naseiro a primeira edición desta cita de convivencia, e o Concello advirte de que quedan xa poucas invitacións dispoñibles
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
130 persoas participan esta semana no programa da Deputación Coñece a túa provincia
Durante o resto da semana, colectivos de Lugo, Taboada e Xermade viaxarán á Ribeira Sacra, á Mariña e á Montaña
O PP de Burela pide axilizar a sinatura do convenio para impulsar a nova EDAR
Os populares de Burela sinalan que o acordo coa Xunta é necesario para avanzar nun proxecto clave para o saneamento da vila, mentres o Goberno galego reserva 1,7 millóns de euros nos orzamentos de 2026
Barreiros apura o prazo para participar no sorteo de O Gran Camiño
O Concello manterá aberto ata mañá, mércores 15 de abril ás 13.00 horas, o concurso co que repartirá dez lotes promocionais coincidindo coa chegada da elite do ciclismo internacional ao municipio
O recoñecemento como BIC blinda en Xove unha tradición centenaria dos bolos
A declaración aprobada pola Xunta inclúe expresamente a modalidade de bolos de Xove, unha práctica con trazos propios que segue viva nas parroquias do municipio e que pasa a contar coa máxima protección patrimonial en Galicia
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo pecha o prazo para participar na quinta edición de Da Escola á Granxa
O programa educativo ofrece axudas de entre 300 e 1.100 euros para que alumnado de infantil e primaria visite granxas e proxectos agroalimentarios da provincia
Nace o Club do Horto da Veiga en Vegadeo para fomentar o cultivo e a sostibilidade
A iniciativa está dirixida a todas as persoas interesadas no traballo da terra e na sostibilidade
Máis de 80 xogadores déronse cita no Campionato Máster Sénior N5 de Bádminton de Viveiro
Os deportistas locais lograron un balance de tres medallas de ouro, tres de prata e sete de bronce
Canedo quenta motores para tres noites grandes de festa
A Comisión de Festas vén de presentar o cartel da Festa da Nosa Señora da 'O', que se celebrará do 15 ao 17 de maio en Lourenzá con verbena, sesión vermú, pulpeira e churrascada
As Chocolateiras de Burela: o doce sorriso e corazón das festas
Moncha, Fina, Loli, Maruja e Xefa, cinco amigas que transformaron unha colaboración puntual nun símbolo comunitario
O PP de Cervo acusa ao PSOE de utilizar a unha traballadora social “con fins políticos”
Culpan ao PSOE local de “xerar alarma social arredor dos Servizos Sociais municipais”
Vegadeo prepárase para acoller a terceira etapa de 'La Vuelta a Asturias 2026'
A carreira, que dará comezo o 23 de abril en Oviedo, pasará por Vegadeo o día 25, situando ao municipio no mapa deportivo rexional




