Mondoñedo abre o prazo para o Campamento de Verán 2026

AMariñaXa
A actividade, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, desenvolverase do 22 de xuño ao 4 de setembro no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora
camamento-pontenova-veran-2021-2
11 Jun 2026

O Concello de Mondoñedo vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2026, unha proposta de lecer e conciliación familiar destinada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

A iniciativa desenvolverase nas instalacións do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora, coñecido como o colexio novo, que se converterá durante o verán nun espazo de xogos, actividades deportivas, creativas e de convivencia para a rapazada.

O campamento estará en funcionamento desde o 22 de xuño ata o 4 de setembro, ofrecendo unha ampla programación adaptada ás diferentes idades dos participantes, con propostas que combinan o deporte, o xogo e a animación sociocultural.

O prazo para formalizar a inscrición permanecerá aberto ata o 19 de xuño. As solicitudes deberán tramitarse nas oficinas de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo, onde tamén se pode obter máis información sobre a actividade.

Para consultas, o Concello habilita o número de teléfono 982 524 003, extensión 8.

camamento-pontenova-veran-2021
0.13000416755676