Guitiriz, Castro e Burela gañan as tres finais acolle este venres as tres finais da Copa Deputación de fútbol sala

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa
Enfrontaranse os equipos de Guitiriz e Rábade na Primeira División masculina e os de Castro de Rei e Sarria na Segunda. Na feminina a final será entre o Burela B e o Ribeira
balon-futbol-sala
31 Out 2024

Despois de cinco xornadas, a Copa Deputación de Fútbol sala sénior chega ao seu final, unha competición non oficial que patrocina a Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocina e na que participaron 40 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina.

Despois das fases anteriores, o pavillón Jonathan Carro de Guitiriz será o escenario das tres finais, dous na masculina e unha na feminina.

Así na Segunda División Masculina o FSF Castro enfrontarase ao equipo sarriao Luisitalia. O primeiro venceu ao Punto de encuentro na semifinal e anteriormente ao Cubelas e Samos Fútbol. O Luisitalia desfíxose do Desguaces Herbón na xornada anterior, e, anteriormente, do PM Friol B (por penaltis) e do Castroverde.

Na Primeira División os dous finalistas serán chairegos e veciños, o Korreo Guitiriz e o Insuas do Miño Galical Rábade. O guitiricense vén de vencer ao Lugo Sala, Meigallos e Praias de Barreiros. Pola súa banda o rabadense superou ao Fonsagrada na semifinal e ao Casás e Outeiro de Rei nas fases anteriores.

Na feminina as finalistas serán o Ribeira de Lugo e o Burela B. O equipo mariñao foi o último en clasificarse, logo de vencer esta semana ao Praias de Barreiros. Anteriormente goleou ao Meigallos. O equipo de Lugo chegou á final logo de superar ao Castro B nos penaltis na semifinal e despois de facer o mesmo ante o Begonte na fase previa.

 

0.27584314346313